Abrir o menú principal
En vermello, aqueles países que poderían ser considerados Sur Global.

Sur global é un termo utilizado en estudos postcoloniais e transnacionais que pode referirse tanto ao terceiro mundo como ao conxunto de países en vías de desenvolvemento.[1] Tamén pode incluír ás rexións máis pobres (en xeral ao sur) de países ricos (do norte).[2] O sur global é un termo que estende o concepto de país en vías de desenvolvemento. Habitualmente refírese a todos aqueles países que teñen unha historia interconectada de colonialismo, neocolonialismo e unha estrutura social e económica con grandes desigualdades en niveis de vida, esperanza de vida ou acceso a recursos.[3]

Véxase taménEditar

ReferenciasEditar

  1. Mitlin, Diana; Satterthwaite, David (2013). Urban Poverty in the Global South: Scale and Nature. Routledge. ISBN 9780415624664. 
  2. Braveboy-Wagner, Jacqueline Anne (2003). The Foreign Policies of the Global South: Rethinking Conceptual Frameworks. Lynne Rienner Publishers. ISBN 9781588261755. 
  3. (en inglés) The Global South.