Supermarine Seagull (1921)

O Supermarine Seagull foi un hidroavión biplano de recoñecemento deseñado a fabricado pola compañía británica Supermarine. Desenvolveuse a partir do avión experimental Supermarine Seal II.

Supermarine Seagull
Tipohidroavión de recoñecemento
FabricanteSupermarine
Primeiro voomaio de 1921
Principais usuariosFleet Air Arm
Real Forza Aérea de Australia
Unidades construídas34

O traballo co Seagull comezou no ano 1920 aproveitou en gran medida o anterior programa Supermarine Commercial Amphibian. Voado por vez primeira o 2 de xuño de 1921, foi avaliado para aplicacións militares pero foi inicialmente rexeitado, polo que Supermarine continuou desenvolvéndoo como unha empresa privada. En febreiro de 1922, o Ministerio do Aire fixo un pedido inicial de dúas aeronaves, realizando máis pedidos posteriormente; crese que a produción do Seagull foi moi importante na supervivencia de Supermarine nunha época caracterizada por unha seca de clientes en toda a industria.

O Seagull foi incorporado ao Fleet Air Arm, onde se usou normalmente en labores de observación e recoñecemento de artillería. Tamén operou coa Real Forza Aérea de Australia en tarefas semellantes, e exportouse un único exemplar ao Imperio do Xapón. Posteriormente algúns avións militares foron mercados de segunda man por civís e voados e Reino Unido como avións comerciais. Na liña de montaxe de Supermarine, o Seagull foi substituído polo máis exitoso Walrus a principios doas anos 30.

Desenvolvemento

editar

Antecedentes

editar

As orixes do Seagull están fortemente interconectadas coas dos Supermarine Seal e Supermarine Commercial Amphibian.[1] O traballo no Seal comezou en 1920 desenvolvéndose a partir do Commercial Amphibian e incorporando unha serie de alteracións e melloras. Segundo Andrews e Morgan, o Supermarine Commercial Amphibian designado retroactivamente como o Seal Mk I, mentres que o novo desenvolvemento, inicialmente coñecido como o Seal Mk II, posteriormente converteuse no Seagull Mk I.[2]

O traballo de deseño e a construción dun único prototipo foi adiante, realizando o seu primeiro voo en maio de 1921.[1] O 2 de xuño dese ano, despois de completar as probas do fabricante, foi entregado para probas de servizo coa RAF. Prestouse unha atención especial ás características de navegabilidade e de manexo a baixas velocidades do avión, incluída a súa relativamente baixa velocidade de aterraxe.[2] As primeiras probas de voo revelaron que o deseño do temón orixinal non era axeitado, proporcionando pobres características de guiñada. Rapidamente probáronse distintos deseños, levando á adición dunha extensión da deriva tanto no prototipo como nos avións de produción posteriores.[3] Tras quedar o suficientemente impresionado polo rendemento da aeronave, o Ministerio do Aire encargou dous avións en febreiro de 1922.[4] O prototipo mostrouse na exhibición da RAF de 1922 no aeródromo de Hendon.[5]

Produción

editar

O 4 de xullo de 1922 adoptouse o nome Seagull para o tipo.[3] O prototipo foi designado como o Mk I; os avións de produción posteriores recibiron a designación Seagull Mk II. As dúas versións eran semellantes, aínda que o Mk II tiña un motor máis potente Napier Lion III, menos envergadura e unha deriva máis grande.[6] A fabricación do Seagull comezou en 1922. En total fabricáronse 25 aeronaves para o Ministerio do Aire e a Royal Navy; a súa produción foi considerada como fundamental para a supervivencia de Supermarine neste momento, e os primeiros pedidos foron construídos intencionadamente en pequenos lotes para garantir que a empresa recibise a suficiente actividade para manterse operativa.[4]

En 1925 comezou a construción do mellorado Mk III para a Real Forza Aérea de Australia (RAAF) tras un pedido realizado en xaneiro dese ano. Esta variante contaba cun motor Napier Lion V máis potente, e os radiadores redeseñáronse para que fose capaz de operar en rexións tropicais. A RAAF recibiu 6 Mk III entre 1926 e 1927.[7] En 1928 un dos Seagull Mk II (o chamado Mk IV) foi reconstruído por Handley-Page con rañuras de bordo de ataque e derivas e temóns xemelgos.[8]

  1. 1,0 1,1 Andrews e Morgan 1981, p. 68
  2. 2,0 2,1 Andrews e Morgan 1981, pp. 68-69
  3. 3,0 3,1 Andrews e Morgan 1981, pp. 70-71
  4. 4,0 4,1 Andrews e Morgan 1981, pp. 72-73
  5. Thetford 1994, pp. 292-293.
  6. Shelton 2015, p. 65
  7. Andrews e Morgan 1981, p. 76
  8. Andrews e Morgan 1981, p. 78

Bibliografía

editar