Superbird

Superbird é o nome dunha serie de satélites de comunicacións xaponeses en órbita xeoestacionaria.[1]

Superbird A, A1, B e B1Editar

Os catro primeiros satélites Superbird foron lanzados entre 1989 e 1992, cun deles (Superbird B) non chegando a órbita a causa de problemas co foguete lanzador. Tiñan unha masa de 2800 kg e estaban baseados no bus SSL-1300, con 23 transpondedores en banda Ku, 3 en banda K e 2 en banda X. Os catro foron lanzados mediante foguetes Ariane 4.[2]

Superbird CEditar

Superbird C foi lanzado o 28 de xullo de 1997 mediante un foguete Atlas-2AS. Tiña unha masa de 3130 kg usando o bus HS-601 e 24 transpondedores para banda Ku a bordo. Foi retirado de servizo en 2015.[3]

Superbird B2Editar

Superbird B2, tamé coñecido como Superbird 4, foi posto en órbita mediante un foguete Ariane 4 o 18 de febreiro de 2000. Tiña unha masa de 4057 kg usando o bus HS-601HP. A bordo levaba 28 transpondedores en banda Ku, 6 en banda Ka e un direccional en banda Ku.[4]

Superbird DEditar

Superbird D recibíu tamén os nomes de N-SAT 110, JCSat 110, JCSat 7, e Superbird 5. Tiña unha masa de 3531 kg usando o bus A2100AX e levaba 24 transpondedores en banda Ku. Foi lanzado o 6 de outubro de 2000 mediante un Ariane 4.[5]

Superbird A2Editar

Superbird A2 ou Superbird 6 foi lanzado mediante un foguete Atlas-2AS o 16 de abril de 2004. Cunha masa de 3100 kg e usando o bus BSS-601, levaba 23 transpondedores en banda Ku e 4 en banda Ka. O satélite non foi posto definitivamente en servizo debido a problemas na súa órbita: o satélite foi inxectado nunha órbita supersíncrona sen ter en conta o efecto gravitatorio da Lúa, o que causou alteracións no perixeo do satélite e un gasto excesivo de propelente.[6]

Superbird C2Editar

Superbird C2 ou Superbird 7 foi lanzado mediante un Ariane 5 o 14 de agosto de 2008. Tiña unha masa de 4820 kg e usaba o bus DS-2000. Levaba 28 transpondedores en banda Ku a bordo.[7]

Superbird B3Editar

Superbird B3, tamén coñecido como Superbird 8, DSN 1 e Kirameki 1, foi lanzado o 5 de abril de 2018 mediante un Ariane 5. Te unha masa de 5348 kg e usa o bus DS-2000 de Mitsubishi. O satélite foi danado en 2016 durante o seu transporte, o que atrasou o seu lanzamento dous anos mentres era arranxado.[8]

Historial de lanzamentosEditar

Misión[1][2][3][4][5][6][7][8] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8] Notas[1][2][3][4][5][6][7]
Superbird A 5 de xuño de 1989 Ariane 4 Éxito
Superbird B 22 de febreiro de 1990 Ariane 4 Fallo
Superbird B1 26 de febreiro de 1992 Ariane 4 Éxito
Superbird A1 1 de decembro de 1992 Ariane 4 Éxito
Superbird C 28 de xullo de 1997 Atlas-2AS Éxito
Superbird B2 18 de febreiro de 2000 Ariane 4 Éxito
Superbird D 6 de outubro de 2000 Ariane 4 Éxito
Superbird A2 16 de abril de 2004 Atlas-2AS Éxito
Superbird C2 14 de agosto de 2008 Ariane 5 Éxito
Superbird B3 5 de abril de 2018 Ariane 5 Éxito

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2022). "Superbird" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Superbird A, A1, B, B1" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Superbird C" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Superbird 4 (Superbird B2)" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "N-SAT 110 (JCSat 110, JCSat 7, Superbird 5 (D))" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Superbird 6 (Superbird A2)" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Superbird 7 (Superbird C2)" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "DSN 1 / Superbird 8 (Kirameki 1 / Superbird B3)" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar