Sufixo de número e persoa

(Redirección desde «Sufixo número-persoal»)

O sufixo de número e persoa ou sufixo número-persoal expresa con medios morfolóxicos a persoa gramatical suxeito da acción verbal.

A persoa é unha categoría gramatical fundamentalmente deíctica, pois localiza o suxeito da acción verbal con respecto ó falante. A esta persoa oponse un oínte. Fronte a falante e oínte oponse a ‘non persoa’ que abrangue todo o demais, o que non é nin falante, nin oínte.

Benveniste traduce a estrutura en que se asentan as tres persoas gramaticais a dúas correlacións fundamentais: a correlación de ‘personalidade’ e a correlación de ‘subxectividade’. Pola correlación de ‘personalidade’ enfróntanse as chamadas persoas estritas (primeira e segunda persoa) á denominada non persoa (terceira persoa), sendo as primeiras o membro marcado, determinado, fronte á terceira persoa que é o membro non marcado, indeterminado. Pola relación de subxectividade enfróntase a primeira persoa, o eu subxectivo, e a segunda persoa, a non subxectiva.

Schmidely establece unha serie de distincións que matizan dun modo máis acabado a concepción de Benveniste. Así, a non persoa (terceira persoa) está organizada en dous subconxuntos, o correspondente á terceira persoa e o correspondente á persoa nula. A terceira persoa de Schmidely refírese a entidades animadas, mentres que a persoa nula a entidades non animadas.

Formas editar

 

Bibliografía editar

  • Andrés-Suárez, I. (1994). El verbo español. Gredos. (Madrid)
  • Fernández Pérez, M. (1993) Las categorías gramaticales (morfolóxicas) en español. Verba. Santiago
  • Vidal Lamíquiz. (1982). El sistema verbal del español. Librería Ágora