Subdivisións de Alxeria

Alxeria divídese actualmente en 48 vilaias, 553 dairas (sorte de comarcas) e 1.541 baladías (ou concellos). A capital e a cidade máis grande de cada vilaia, daira e baladía alxerianas teñen sempre o mesmo nome que a vilaia, a daira ou a baladía onde está situadas. De igual forma aplícase para a daira máis grande da vilaia ou a baladía máis grande da daira.

As vilaias

editar

Segundo a constitución alxeriana, unha vilaia é unha "colectividade territorial" que goza de certa liberdade económica. A Assemblée Populaire Wilayale (APW, ou Parlamento Popular da Vilaia, é a entidade política que rexe unha provincia. Un "valín" (prefecto) dirixe cada vilaia. Esta persoa elíxea o presidente de Alxeria para tomar as decisións da APW. A APW ten tamén un presidente, que o elixen os seus membros.

As divisións administrativas cambiaron varias veces desde a independencia da nación. Ao agregar novas vilaias, a numeración das vellas mantívose, de aí que a orde actual non sexa alfabética. Coa súa ordenación numérica oficial, (desde 1983) actualmente hai as seguintes:

 
Mapa das vilaias de Alxeria numeradas de acordo á orde oficial.

1 Adrar

2 Chlef

3 Laghouat

4 Oum el-Bouaghi

5 Batna

6 Béjaïa

7 Biskra

8 Béchar

9 Blida

10 Bouira

11 Tamanrasset

12 Tébessa

13 Tlemcen

14 Tiaret

15 Tizi Ouzou

16 Alxer

17 Djelfa

18 Jijel

19 Sétif

20 Saïda

21 Skikda

22 Sidi Bel Abbes

23 Annaba

24 Guelma

25 Constantina

26 Médéa

27 Mostaganem

28 M'Sila

29 Mascara

30 Ouargla

31 Orán

32 El Bayadh

33 Illizi

34 Bordj Bou Arréridj

35 Boumerdès

36 El Taref

37 Tinduf

38 Tissemsilt

39 El Oued

40 Khenchela

41 Souk Ahras

42 Tipasa

43 Mila

44 Aïn Defla

45 Naama

46 Aïn Témouchent

47 Ghardaïa

48 Relizane