Struthio molybdophanes

(Redirección desde «Struthio camelus molybdophanes»)

Struthio molybdophanes

Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Struthioniformes
Familia: Struthionidae
Xénero: Struthio
Especie: Struthio molybdophanes
Reichenow, 1883
Sinonimia

Struthio camelus molybdophanes
(Reichenow, 1883)

Struthio molybdophanes é unha especie de avestruz nativa do corno de África,[2] que anteriormente era considerada unha subespecie da avestruz común e recibía o nome de Struthio camelus molybdophanes. Foi identificada como nova especie, polas súas diferenzas xenéticas, en 2014.[1]

Taxonomía e sistemática editar

As evidencias moleculares indican que o Gran Val do Rift do leste de África funcionou como unha barreira xeográfica que illou este taxon da subespecie nominal de avestruz, S. c. camelus, mentres que diferenzas ecolóxicas e de comportamento mantivérona xeneticamente diferenciacda da subespecie de avestruz veciña S. c. massaicus.[3] Un estudo do ADN mitocondrial do xénero Struthio, que incluía a subespecie de Arabia xa extinta S. c. syriacus, atopou que S. molybbdophanes é a avestruz filoxenéticamente máis diferenciada, que parece ter diverxido dun antepasado común hai uns 3,6 a 4,1 millóns de anos.[3][4] Estas diferenzas xenéticas e ecolóxicas aconsellaron elevala desde a categoría de subespecie á de especie separada.

Descrición editar

Aínda que en aspecto xeral é similar a outras avestruces, a pel do pescozo e coxas desta avestruz é azul (en lugar de rosada), facéndose azul brillante no macho durante a estación de apareamento. O pescozo carece do típico anel branco ancho, e as plumas da cola son brancas. As femias son lixeiramente máis grandes que os machos e de plumaxe máis marrón que as femias doutras avestruces.[5][6] En tamaño é similar ás demais avestruces, quizais un pouco máis pequena como media en masa corporal que algunhas subespecies da avestruz común, como a subespecie nomeada S. c. camelus. Informouse que en catividade pesa uns 105 kg, pero iso pode non ser un peso axeitado para as aves silvestres, xa que os animais en catividade teñen un acceso máis doado á comida que as que viven na natureza.[7] Isto fai que sexa unha das especies de aves existentes máis grandes.

Distribución e hábitat editar

Vive fundamentalmente no corno de África, especialmente no nordés de Etiopía e en toda Somalia.[5]

Comportamento e ecoloxía editar

Esta especie está diferenciada ecoloxicamente da avestruz común, coa cal ten unha certa área de solapamento, porque prefire vivir en áreas máis arbustivas e con máis vexetación, onde se alimenta principalmente rebuscando, mentres que a avestruz común principalmente pasta en sabanas abertas. Hai tamén informes de dificultades na hibridación entre os dous taxons.[3]

Status e conservación editar

Un informe da IUCN de 2006 suxería que esta avestruz era máis común nas rexións centrais e setrentrionais de Somalia nas décadas de 1970 e 1980. Porén, despois da guerra e desintegración política en Somalia e a falta de calquera política efectiva de conservación da natureza, a súa área de distribución e número de exemplares estivo diminuíndo como resultado da súa caza incontrolada para obter carne, produtos medicinais e ovos, polo que a ave se enfronta á súa case erradicación do corno de África.[8] En Kenya críase en granxas para obter dela carne, plumas e ovos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016). "Struthio molybdophanes". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Redman, N.; Stevenson, T.; Fanshawe, J. (2016). Birds of the Horn of Africa: Ethiopia, Eritrea, Djibouti, Somalia, and Socotra - Revised and Expanded Edition. Princeton Field Guides. Princeton University Press. p. 34. ISBN 978-0-691-17289-7. Consultado o 2018-11-21. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Freitag, Stephanie & Robinson, Terence J. (1993). "Phylogeographic patterns in mitochondrial DNA of the Ostrich (Struthio camelus)" (PDF). The Auk 110 (3): 614–622. doi:10.2307/4088425. 
  4. Robinson, Terence J. & Matthee, Conrad A. (1999). "Molecular genetic relationships of the extinct ostrich, Struthio camelus syriacus: consequences for ostrich introductions into Saudi Arabia". Animal Conservation 2 (3): 165–171. doi:10.1111/j.1469-1795.1999.tb00062.x. 
  5. 5,0 5,1 Shanawany, M.M. & Dingle, John (1999). Ostrich production systems, Part 1. Food and Agriculture Organisation. p. 12. ISBN 978-92-5-104300-4. 
  6. Roots, Clive (2006). Flightless birds. Greenwood Press. p. 26. ISBN 0-313-33545-1. 
  7. Davids, A. H. (2011). Estimation of genetic distances and heterosis in three ostrich (Struthio camelus) breeds for the improvement of productivity (Doctoral dissertation, Stellenbosch: University of Stellenbosch).
  8. Amir, Osman G. (2006). Wildlife trade in Somalia (PDF). World Conservation Union – Species Survival Commission. p. 12.