Stranger Things

Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer.[2] Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy.[3] A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios. Na segunda tempada, Schnapp e Keery foron promovidos a actores principais, xunto coas incorporacións Sadie Sink, Dacre Montgomery, Sean Astin e Paul Reiser.

Stranger Things
Stranger Things logo.png
Logo de Stranger Things.
FormatoCiencia ficción, sobrenatural, drama, terror e misterio
Creado porIrmáns Duffer
Desenvolvido por21 Laps Entertainment
Monkey Massacre
Intérpretes
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas3
Episodios25 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
  • Karl Gajdusek
  • Cindy Holland
  • Brian Wright
  • Matt Thunell
  • Shawn Levy
  • Dan Cohen
  • Irmáns Duffer
  • Iain Paterson
Localización(s)Jackson, Xeorxia[1]
Duración42-55 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Formato de imaxe4K (Ultra HD)
Primeira emisión15 de xullo de 2016
Derradeira emisiónpresente
Ligazóns externas
Páxina web
Ficha na IMDb

Está ambientada na vila ficticia de Hawkins, Indiana, na década de 1980. A primeira tempada céntrase na investigación da desaparición dun rapaz no medio de eventos sobrenaturais en toda a vila, nos que está implicada unha rapaza con habilidades psicocinéticas. A rapaza axuda ós amigos do desaparecido a atopalo. A segunda tempada, titulada Stranger Things 2, ocorre un ano despois da primeira, e conta as dificultades dos personaxes de volver á normalidade despois dos eventos ocorridos na primeira tempada.

Estreouse a través da canle Netflix o 15 de xullo de 2016. Recibiu a aclamación da crítica pola súa caracterización, a atmosfera, as actuacións, a banda sonora, o guión e as homenaxes ós filmes da década de 1980. Recibiu tamén varios premios e nomeamentos, incluíndo o Screen Actors Guild ó mellor conxunto de actores dunha serie dramática, e dezaoito nomeamentos ós premios Primetime Emmy. O 31 de agosto de 2016, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada de nove episodios, que foi estreada o 27 de outubro de 2017. Os irmáns Duffer confirmaron que a serie continuaría nunha terceira tempada, co obxectivo de concluíla cunha cuarta ou quinta tempada.

PersonaxesEditar

RecorrentesEditar

  • Noah Schnapp como Will Byers
  • Joe Keery como Steve Harrington
  • Shannon Purser como Barbara "Barb" Holland
  • Ross Partridge como Lonnie
  • Rob Morgan como Oficial Powell
  • John Paul Reynolds como Oficial Callahan
  • Randall P. Havens como Scott Clarke
  • Aimee Mullins como Terry Ives

NotasEditar

  1. Jackson Progress-Argus, ed. (17 de novembro de 2015). "Film Shooting on the Square Next Week". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  2. DenofGeek.com (ed.). "Netflix's Stranger Things spoiler-free review". Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  3. Andreeva, Nellie (2 de abril de 2015). Deadline.com, ed. "Netflix Orders Supernatural Drama Series From Matt & Ross Duffer, Shawn Levy". Consultado o 3 de abril de 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar