Stian Arnesen

músico noruegués

Stian Arnesen, máis coñecido como Nagash ou Lex Icon (Hamar, 7 de maio de 1978) é un músico de black metal noruegués. É vocalista e toca a guitarra, o baixo, a batería e o sintetizador en distintos grupos.

Stian Arnesen
Nome completoStian Arnesen
AliasNagash, Lex Icon
Data nacemento7 de maio de 1978
Hamar
Noruega
Nado enHamar
Ocupacióncantante, músico e guitarrista
XéneroBlack metal
Heavy metal
Instrumento(s)Voz, guitarra, baixo, batería, sintetizador
Relacionado conTroll
The Kovenant
Dimmu Borgir
Chrome Division
Tempo en activo1992 — presente
PseudónimoNagash, Lex Icon, Notorious Nagash, Nagash Blackheart, Rick Hellraiser
Na rede
Musicbrainz: 822b1273-1a14-44ae-8988-ab142744b293 Discogs: 272537 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nagash nace en Hamar (Noruega) en 1978. En 1992 (con 14 anos), xunto con Fafnir e Glaurung, comeza a escribir música para un proxecto chamado Troll. Fafnir e Glaurung deixan pronto a banda, pero Nagash continúa o proxecto en solitario, tocando a guitarra e o teclado.

Un ano máis tarde funda outra banda chamada Covenant con Blackheart (agora coñecido como Psy Coma). Logo de sacar dous álbums, In Times Before the Light e Nexus Polaris, a banda ten que cambiar de nome, xa que existía unha banda en Suecia co nome de Covenant, polo que o trocan a The Kovenant.

A pouco foi gañando reputación na escena do black metal, que despois sería o baixista de Dimmu Borgir en 1996. En 1999 sae de Dimmu Borgir e concéntrase en The Kovenant, ao mesmo tempo cambia o estilo musical da banda, de black metal a black metal industrial.

En 2004, coñecido polo nome de Lex Icon, forma equipo con Shagrath nunha nova banda de heavy metal chamada Chrome Division, na que toca a batería. Lex termina saíndo de Chrome Division e dedícase ao traballo do seu novo disco con The Kovenant.

A primeiros de 2008, recruta unha nova banda para afrontar o seu vello proxecto Troll. Actualmente atópase gravando un novo álbum para este grupo.

Ligazóns externas editar