Stewie Griffin

personaxe da serie de animación Family Guy
Personaxe de Family Guy
Stewart Gilligan Griffin
Vive en: Quahog, Rhode Island
Xénero: Masculino
Altura: 46 cm
Peso: 13 quilos
Idade: 1
Relixión: Católica.
Antepasados: Principalmente irlandeses, pero tamén uns poucos africanos e alemáns. Tamén se coñecen antepasados españois, escoceses, e xudeus.
Mellor amigo: Brian Griffin
Primeira aparición: "Death Has a Shadow"

Stewie Gilligan Griffin é unha personaxe de debuxos animados da serie de animación americana Family Guy. A súa voz orixinal é a de Seth MacFarlane, creador e guionista da serie. É un bebé con ideas homicidas e unha elevada capacidade intelectual, fillo de Peter e Lois Griffin.

Na maioría dos capítulos trata de asasinar a súa nai, de quen cre que conspira na súa contra

En todos os capítulos se mostra a el mesmo como personaxe de múltiples fantasías, filmes clásicos ou en plans de dominación mundial. Quizabes isto estea ligado a que a súa maquiavélica personalidade se volte unha ironía cando se lle ve no futuro como unha persoa sen vida social e con matices de frustración.

Segundo Seth McFarlane, creador da serie, o personaxe baséase en Rex Harrison, o que explicaría o feito de que, na versión orixinal, Stewie se exprese cun acento inglés ilóxico, mentres a súa familia fala con acento americano.