Sterkh foi unha serie de dous satélites artificiais rusos para axuda e rescate.[1][2]

Características editar

Os satélites Sterkh foron lanzados como substitutos dos satélites Nadezhda para o sistema internacional de rescate COSPAS-SARSAT (Search and Rescue Satellite-Aided System). A diferenza dos Nadezhda, os Sterkh non ofrecían servizos de navegación, agora ofrecidos polo sistema GLONASS. Como resultados os satélites podían ser máis pequenos e ser lanzados como carga secundaria a bordo doutros voos comerciais.[1][2]

Sterkh 1 foi lanzado o 21 de xullo de 2009 a bordo dun foguete Kosmos 3M, pero fallou pouco despois de chegar a órbita ao non poder apuntar seus paneis solares adecuadamente por un problema no sistema de control de voo. Sterkh 2 foi lanzado o 17 de setembro de 2009 cun [Soiuz 2-1b Fregat]] e non conseguiu despregar o seu mastro estabilizador, polo que quedou inutilizado. Outros dúas unidades ían ser lanzadas en 2013 pero foron canceladas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Sterkh" (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Sterkh 1, 2" (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar