Nadezhda foi unha serie de satélites artificiais soviéticos e logo rusos de axuda á navegación.[1][2][3]

Características editar

O satélites Nadezhda daban servizo á mariña mercante soviética e á Academia de Ciencias, pero tamén foi usado polos militares xunto cos satélites Tsikada. Daban servizo tamén ao sistemas COSPAS de emerxencia e rescate internacional. Os satélites tiñan forma de cilindro cunha masa de 820 kg e estabilizábanse mediante gradente gravitatorio. Emitían en frecuencias de arredor de 150 e 400 MHz, podendo usarse para determinar posicións cunha precisión de ata 3 km, e tiñan órbitas duns 1000 km de altura con inclinacións orbitais de arredor de 83º. O satélite Nadezhda lanzado en 2002 levaba a bordo tamén o sistema Kurs para asistir a vehículos en problemas, pasando a denominarse Nadezhda-M. Tódolos satélites foron lanzados medianfe foguetes Kosmos 3M. Os tres primeiros satélites foron lanzados mediante a denominación Kosmos, mentres que o resto recibiron a denominación definitiva. Foron sucedidos a partir de 2009 polos satélites Sterkh.[1][2][3]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Kosmos 1383 29 de xuño de 1982 Kosmos 3M Éxito
Kosmos 1447 24 de marzo de 1983 Kosmos 3M Éxito
Kosmos 1574 21 de xuño de 1984 Kosmos 3M Éxito
Nadezhda 1 4 de xullo de 1989 Kosmos 3M Éxito
Nadezhda 2 27 de febreiro de 1990 Kosmos 3M Éxito
Nadezhda 3 12 de marzo de 1991 Kosmos 3M Éxito
Nadezhda 4 14 de xullo de 1994 Kosmos 3M Éxito
Nadezhda 5 10 de decembro de 1998 Kosmos 3M Éxito
Nadezhda 6 28 de xuño de 2000 Kosmos 3M Éxito
Nadezhda 7 (Nadezhda-M) 26 de setembro de 2002 Kosmos 3M Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Nadezhda" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Nadezhda (11F643N, 17F118)" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Nadezhda-M" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar