Stellaria holostea

especie de planta
Stellaria holostea

Stellaria holostea
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotas
Orde: Caryophyllales
Familia: Caryophyllaceae
Xénero: Stellaria
Especie: S. holostea
Nome binomial
Stellaria holostea
L.

A muruxa[Cómpre referencia] ou herba paxareira[Cómpre referencia] (Stellaria holostea) é unha planta herbácea da familia das cariofiláceas.

Ilustración

Descrición editar

Planta perenne, de até 60 cm, con talos débiles, afiadamente tetrangulares, e follas lanceoladas, puntiagudas e apecioladas de 3 a 8 cm. Flores brancas, de 1,5 a 3 cm de diámetro, con pétalos profundamente divididos o dobre de longo que os seus sépalos, pedicelos vilosos e cápsula globular.

Hábitat editar

Sebes, zonas húmidas en lugares umbríos[1]

Distribución editar

 
Flor de S. holostea.

Toda Europa, excepto Islandia e Albania.

Taxonomía editar

A especie Stellaria holostea foi descrita por primeira vez por Carlos Linneo e publicado en Species Plantarum 1: 421. 1753.[2]

Citoloxía editar

Número de cromosomas de Stellaria holostea (Fam. Caryophyllaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=26[3]

Sinonimia editar

  • Stellaria ciliata Gilib. ex Bubani, Fl. Pyr. 3: 29 (1901), nom. illeg.
  • Stellaria connata Dulac, Fl. Hautes-Pyr. 250 (1867), nom. illeg.
  • Alsine holostea (L.) Britton in Mem. Torrey Bot. Club 5: 150 (1894)
  • Cerastium holosteum (L.) Crantz, Inst. Rei Herb. 2: 401 (1766)[4]
  • Alsine scabra Stokes[5]

Notas editar

  1. Polunin, O. (1988). Guía fotográfica de las flores silvestres de España y de Europa. Barcelona:Omega. ISBN 84-282-0857-3. 
  2. "Stellaria holostea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  3. The incidence of polyploidy in the Caryophyllaceae of Britain and of Portugal.
  4. "Stellaria holostea". Real Jardín Botánico: Flora Ibérica. Consultado o 29 de abril de 2022. 
  5. Stellaria holostea en PlantList

 
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.