Station to Station

Station to Station é o décimo ábum de estudio do músico inglés David Bowie, publicado o 23 de xaneiro de 1976 a través do selo RCA Records. Considerado como un dos seus traballos máis significativos, Station to Station destaca por ser o vehículo da última gran personaxe de Bowie, The Thin White Duke. O disco foi gravado tras completar de filmar The Man Who Fell to Earth de Nicolas Roeg, e na súa portada aparece un fotograma da película. Durante as sesión Bowie dependeu fortemente das drogas, especialmente da cocaína, e non lembra case nada da produción.

Station to Station
Álbum de David Bowie
Publicado23 de xaneiro de 1976
Gravaciónoutubro - novembro de 1975
Estudio(s)Cherokee Studios, Os Ánxeles
Duración38:08
Xénero(s)rock, funk, blue-eyed soul
Selo(s)RCA Records
Producido porDavid Bowie, Harry Maslin
Cronoloxía
Young Americans Station to Station Low

Musicalmente, Station to Station foi un álbum de transición para Bowie, desenvolvendo a música funk e soul do seu anterior traballo, Young Americans, pero presentando unha nova dirección cara aos sintetizadores e os ritmos motorik influenciados polas bandas alemás de electrónica como Kraftwerk e Neu!. Esta tendencia culminou nalgúns dos seus traballos máis aclamados, a chamada Berlin Trilogy, gravados con Brian Eno entre 1977 e 1979. As letras do álbum reflicten as súas preocupacións sobre Nietzsche, Aleister Crowley, a mitoloxía e a relixión.

Coa súa mestura de funk e Krautrock, baladas románticas e ocultismo, Station to Station ten sido descrito simultaneamente como un dos álbums de Bowie máis accesibles e o máis impenetrable.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por David Bowie, agás onde se indique.

Cara 1 editar

  1. "Station to Station" – 10:14
  2. "Golden Years" – 4:00
  3. "Word on a Wing" – 6:03

Cara 2 editar

  1. "TVC 15" – 5:33
  2. "Stay" – 6:15
  3. "Wild Is the Wind" (Ned Washington, Dimitri Tiomkin) – 6:02

Edicións en CD editar

O álbum foi reeditado atro veces en CD ata a data. A primeira foi en 1985 por RCA coa portada orixinal en vlanco e negro, a segunda en 1991 por Rykodisc con dous temas extra, a terceira en 1999 por EMI cun son dixitalmente remasterizado e sen cancións extra, e a cuarta en 2007 por EMI Japan reproducindo o libreto do vinilo orixinal.