Stand Up é o sexto álbum da banda de rock estadounidense Dave Matthews Band, editado o 10 de maio do 2005 a través do selo RCA Records. Foi o seu cuarto álbum en entrar directo no número 1 da lista Billboard 200. O álbum foi o derradeiro en contar coa plena participación do saxofonista LeRoi Moore, que morreu nas primeiras fases de produción do seu seguinte traballo, Big Whiskey and the GrooGrux King.

Stand Up
Álbum de Dave Matthews Band
Publicado10 de maio do 2005
Estudio(s)Haunted Hollow Studio, Charlottesville, Virginia
Duración56:24
Xénero(s)rock
Selo(s)RCA Records
Producido porMark Batson
Cronoloxía
Busted Stuff Stand Up Big Whiskey & the GrooGrux King

Listaxe de cancións

editar

Todas as cancións compostas por Dave Matthews e Mark Batson, agás onde se indique.

  1. "Dreamgirl" – 4:01
  2. "Old Dirt Hill (Bring That Beat Back)" – 5:00
  3. "Stand Up (For It)" – 4:13
  4. "American Baby Intro" – 2:03
  5. "American Baby" – 4:35
  6. "Smooth Rider" – 2:17
  7. "Everybody Wake Up (Our Finest Hour Arrives)" – 4:17
  8. "Out of My Hands" – 3:41
  9. "Hello Again" (Matthews) – 3:56
  10. "Louisiana Bayou" – 5:36
  11. "Stolen Away on 55th & 3rd" – 4:17
  12. "You Might Die Trying" – 4:44
  13. "Steady as We Go" – 3:24
  14. "Hunger for the Great Light" – 4:20
  • "Stand Up (For It)" apareceu no videoxogo Tiger Woods PGA Tour 2006.
  • "You Might Die Trying" sae no episodio da serie House titulado "Not Cancer".