Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished

Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished é o álbum de estrea da banda estadounidense de neopsicodelia Animal Collective, publicado en agosto do 2000 a través do seu propio selo Animal (agora coñecido como Paw Tracks). O disco foi editado baixo o nome "Avey Tare and Panda Bear" e só foron lanzadas 2000 copias. Dende entón foi reeditado como CD duplo xunto con Danse Manatee no ano 2003 a través do selo FatCat Records. Tamén está dispoñible nunha edición limitada en vinilo lanzada polo mesmo selo.

Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished
Álbum de Avey Tare and Panda Bear
Gravaciónmaio - setembro de 1999
Duración60:38
Xénero(s)neopsicodelia, electrónica, freak folk
Selo(s)Animal, FatCat Records
Cronoloxía
- Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished Danse Manatee

Antecedentes editar

Todos os temas foron compostos por Avey Tare (David Portner) dende 1997 ata 1999, agás "Penny Dreadfuls", escrito cando tiña 16 anos. O proceso de composición estivo fortemente influenciado polo seu traslado dende Baltimore ata Nova York, describíndoo como un "período escuro" sendo Brian Weitz (Geologist) o seu único amigo na cidade.

Portner e Panda Bear (Noah Lennox) gravaron a guitarra acústica e a batería ao vivo nun gravador de cinta de 8 pistas Tascam 48 na habitación de Portner en Maryland, durante o verán de 1999. As cancións de piano, xunto cos overdubs, graváronse no salón dos pais de Portner.

Un vello sintetizador Roland SH-2, que o irmán de Brian Weitz atopou almacenado nun campamento, foi usado para os sons de baixo. As baterías foron tocadas con escobillas para emular os álbums Ocean Rain e Forever Changes. Outros sons, como os da maioría de "Spirit They've Vanished", foron creados usando circuítos de retroalimentación.

Listaxe de cancións editar

  1. "Spirit They've Vanished" – 5:35
  2. "April and the Phantom" – 5:53
  3. (Untitled) – 2:58
  4. "Penny Dreadfuls" – 7:58
  5. "Chocolate Girl" – 8:28
  6. "Everyone Whistling" – 1:00
  7. "La Rapet" – 7:52
  8. "Bat You'll Fly" – 5:03
  9. "Someday I'll Grow to Be As Tall As the Giant" – 3:10
  10. "Alvin Row" – 12:39

Houbo unha certa confusión sobre a listaxe de cancións do álbum. Na edición orixinal limitada a canción se título que aparecía no corte 3 non se listou xunto cos outros temas. Debido a que a listaxe de cancións non lle daba o seu correspondente número ao resto dos temas, pensouse erroneamente que que os cortes 3-9 eran realmente os 4-10, polo que "Alvin Row" non tiña título. Este erro aparece en case todas as recensións do álbum tras a súa publicación inicial no ano 2000. A reedición de Fat Cat do 2003 aclara este erro numerando as cancións e deixando un espazo en branco para o corte 3.