Sphingobacteria

clase de bacterias

As Sphingobacteria (esfingobacterias) son unha clase de bacterias do filo Bacteroidetes composta por unha soa orde, as Sphingobacteriales, que se caracteriza porque pode producir esfingolípidos. A orde comprende 5 familias.[1]

A clase Sphingobacteria non se debe confundir co filo Sphingobacteria establecido nas clasificacións de Thomas Cavalier-Smith (ver clado FCB).

  1. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, 2nd ed., vol. 1 (The Archaea and the deeply branching and phototrophic Bacteria) (D.R. Boone and R.W. Castenholz, eds.), Springer-Verlag, New York (2001). pp. 465-466.