Abrir o menú principal

Species

filme de 1995 dirixido por Roger Donaldson

Species é un filme estadounidense dirixido por Roger Donaldson que foi estreado en 1995. O filme tivo unha secuela no ano 1998, Species II, na que Henstridge, Madsen e Helgenberger retomaron os seus papeis. A este filme seguiuno outro no 2004, Species III e no 2007 Species: The Awakening, que é un filme separado do resto da serie, cuxa historia non continúa a das anteriores.

Species
Ficha técnica
Título orixinalSpecies
DirectorRoger Donaldson
ProdutorFrank Mancuso, Jr.
GuiónDennis Feldman
IntérpretesBen Kingsley
Michael Madsen
Alfred Molina
Forest Whitaker
Marg Helgenberger
Natasha Henstridge
MúsicaChristopher Young
FotografíaAndrzej Bartkowiak
MontaxeConrad Buff
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea1995
Duración108 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento$30 000 000[1]
Recadación$113 374 103[1]

ArgumentoEditar

Cando unha fermosa rapaza resultante do cruzamento dun ser humano e dun alieníxena (Natasha Henstridge) foxe dun laboratorio de observación, o científico Xavier Fich (Ben Kingsley) envía na súa busca a un asasino profesional (Michael Madsen), a un psiquiatra, a unha bióloga e a un antropólogo para dar con ela. Mentres seguen a súa pista pola cidade dos Ánxeles, o equipo descobre cal é o seu plan; aparearse con homes para producir crías que poidan destruír á raza humana. Mentres o seu mortal reloxo biolóxico avanza con rapidez, Fitch e o seu equipo lánzanse a unha inquietante persecución da que depende o destino da humanidade.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 1995: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellores efectos especiais.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Species - Box Office Data, DVD Sales, Movie News, Cast Information". The Numbers. Consultado o 30 de xuño de 2013. 

Véxase taménEditar