Abrir o menú principal

Space Invaders é un videoxogo de arcade deseñado por Toshihiro Nishikado e lanzado ao mercado en 1978. Nun principio foi fabricado e vendido por Taito Co. en Xapón, para posteriormente ser licenciado para produción e distribución en Estados Unidos por Midway, división de Bally Technologies.

Space Invaders
Space invaders logo.svg
Desenvolvedor(es)Taito
Distribuidora(s)Taito, Midway, Leisure & Allied Industries
Deseñador(es)Tomohiro Nishikado
Lanzamento1978
XéneroShoot 'em up
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Varias
editar datos en Wikidata ]

CaracterísticasEditar

 
Xogo de Space Invaders.

Space Invaders é un dos primeiros xogos shoot 'em up. É un dos videoxogos máis importantes da historia. O seu obxectivo é eliminar ondas de alieníxenas cun canón láser e obter a maior cantidade de puntos posíbel. Para o deseño do xogo, Nishikado inspirouse en Breakout e Star Wars.

Aínda que é un xogo simple para os estándares actuais, foi un dos precursores dos videoxogos modernos e axudou a expandir a industria do sector, dende unha mera novidade a unha industria global. Foi exitoso e popular desde o seu lanzamento, tanto que chegou a unha breve escaseza de moedas de cen iens no Xapón. Ao ano 2007, Taito gañou US$500 millóns en utilidades.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar