A Spaßguerilla (guerrilla da diversión) foi un grupo no movemento das protestas estudantís da década de 1960 en Alemaña que reivindicaban un cambio social, en concreto unha sociedade máis libertaria, menos autoritaria e menos materialista, usando técnicas que se caracterizaban polo humor irrespectuoso e provocativo e polas accións irrespectuosas de mínima violencia.

Accións, tácticas e actitudes editar

Os actos organizados por estes grupos incluían accións como atacar ós políticos ou á policía con tortas de crema.[1] Un dos maiores representantes foi Fritz Teufel, ó que ás veces se fai referencia coma o pallaso da Oposición Extraparlamentaria. A falta de respecto polas tradicións, a burguesía, as formas represivas de autoridade e o ritual, contrarrestadas pola ironía e o humor foron tipificadas por unha resposta de Fritz Teufel a un xuíz durante un xuízo: "Se isto axuda á busca da verdade" (Wenn es der Wahrheitsfindung dient).

As tácticas e actitudes desta agrupación na que se atopaba Fritz Teufel contrastaban coas acción máis serias e cheas de retórica revolucionaria doutros grupos que se atopaban arredor do SDS e xente coma Rudi Dutschke.[2]

 
Wolfgang Lefèvre (1968).

As tácticas da spaßguerilla caracterizábanse pola desobediencia civil, violencia simbólica (máis que real), provocación da autoridade, usando accións do estado "autoritario", como mitins, como oportunidades para "desenmascarar" tradicións desfasadas.[3]

Foi Wolfgang Lefèvre o que dixo que cada manifestación debería planearse para diversión dos participantes.[3]

Mentres Rudi Dutschke falaba da "Stadtguerilla" (guerrilla urbana), Fritz Teufel falaba da "Spassguerilla" (guerrilla da diversión).

Outras estruturas semellantes editar

As formas de protesta provocativa e irrespectuosa inventadas pola spaßguerilla foron adoptadas despois polo movemento pacifista da década de 1980[4]. e máis tarde polos movementos de protesta xuvenís na Alemaña reunificada[5]

Formas similares de manifestarse foron adoptadas polos ciber-activistas ("hacktivists" ).[6]

A palabra Spassguerrilla editar

A forma normal en alemán é Spaßguerilla, Fritz Teufel usaba Spaßgerilja e isto converteuse no que se coñece como "teuflische Schreibweise" (un xogo de palabras que significa ortografía "Teufeliana" ou "ortografía diabólica", Teufel en alemán significa demo). Algúns manteñen esta forma, incluíndo estudosos. O uso do "ss" en troques do "ß" fai un "a" curto, facendo que a palabra soe máis coma Stadtguerilla" (guerrilla urbana).

Notas editar

  1. Teune, Simon (2007-11-21). "Humour as a Guerrilla Tactic: The West German Student Movement's Mockery of the Establishment". International Review of Social History (Cambridge University Press). Volume 52: 115–132. doi:10.1017/S002085900700315X. Consultado o 25-07-2008. 
  2. Fitz, Birgit (2008). Die Konstruktion der Vergangenheit am Beispiel Rudi Dutschke.: Eine vergleichende Inhaltsanalyse der Zeitungen "Bild" und "Der Spiegel" (Studienarbeit). GRIN Verlag. p. 17. ISBN 3638917711. 
  3. 3,0 3,1 Walther, Rudolf (06-06-2008). "Ein direkter Weg von der Spassguerilla zum Terrorismus? Aktions- und Gewaltformen in der Protestbewegung". 68: Jahre der Rebellion. Bundeszentrale für politische Bildung. Consultado o 25-07-2008. 
  4. Rucht, Dieter (1997). "The Structure and Culture of Collective Protest". En David S. Meyer e Sidney Tarrow. The Social Movement Society: Contentious Politics for a New Century. Rowman & Littlefield. pp. 54, p56 (nota 24). ISBN 0847685411. 
  5. Bock, Karin; Nicole Pfaff (2003). "Jugendkulturen in der neuen Bundesrepublik". En Sabine Andresen e Karin Bock. Vereintes Deutschland--geteilte Jugend: Ein politisches Handbuch. VS Verlag. p. 111. ISBN 3810035602. 
  6. Teubener, Katy (2005). "Flanieren als Protestbewegung". En Cilja Harders, Heike Kahlert, Delia Schindler. Forschungsfeld Politik: geschlechtskategoriale Einführung in die Sozialwissenschaften. VS Verlag. p. 302. ISBN 3810040746. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar