Souvlaki é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de dream pop/shoegazing Slowdive, editado no Reino Unido o 17 de maio de 1993 e o 8 de febreiro de 1994 nos Estados Unidos. Considerado por moitos o seu mellor álbum, este inclúe colaboracións nos sintetizadores do coprodutor Brian Eno nos temas "Sing" e "Here She Comes". A edición dos Estados Unidos inclúe a versión non editada anteriormente de "Some Velvet Morning" (composta por Lee Hazlewood e Nancy Sinatra en 1967) e tres temas do EP 5.

Souvlaki
Álbum de Slowdive
Publicado17 de maio de 1993
Estudio(s)Courtyard Studios e The White House Studios
Duración40:40
Xénero(s)dream pop, shoegazing
Selo(s)Creation Records
SBK/Creation (EEUU)
Castle Music/Sanctuary Records (re-edición 2005)
Producido porChris Hufford, Martin Nichols, Brian Eno
Cronoloxía
Just for a Day Souvlaki Pygmalion

En outubro de 2016 Pitchfork Media situouno no número 2 da súa lista dos 50 mellores álbums de shoegaze de todos os tempos.[1]

Listaxe de cancións editar

Todos os temas por Neil Halstead, agás onde se indique.

Edición orixinal editar

  1. "Alison" – 3:52
  2. "Machine Gun" – 4:28
  3. "40 Days" – 3:15
  4. "Sing" (Brian Eno, Slowdive) – 4:49
  5. "Here She Comes" – 2:21
  6. "Souvlaki Space Station" (Slowdive) – 5:59
  7. "When the Sun Hits" – 4:47
  8. "Altogether" – 3:42
  9. "Melon Yellow" – 3:53
  10. "Dagger" – 3:34

Reedición de Castle Records do 2005 editar

Unha edición remasterizada de dous discos foi publicada no ano 2005 por Castle Music, unha subsidiaria de Sanctuary Records.

Disco 2 editar

  1. "Some Velvet Morning" (Lee Hazlewood) – 3:23
  2. "So Tired" – 4:03
  3. "Moussaka Chaos" – 6:24
  4. "In Mind" – 3:45
  5. "Good Day Sunshine" – 5:08
  6. "Missing You" (Halstead, Green) – 4:15
  7. "Country Rain" (Halstead, Rachel Goswell) – 3:34
  8. "In Mind (Bandulu Mix)" – 8:06
  9. "In Mind (Reload Mix)" – 10:26

Notas editar

  1. Pitchfork (ed.). "The 50 Best Shoegaze Albums of All Time". Consultado o 24 de outubro de 2016.