South Sudan Oyee!

"South Sudan Oyee!" (Hurra Sudán do Sur![1]) é o himno nacional do Sudán do Sur. O himno foi elixido pola Comisión Nacional do Sudán do Sur,[2] creada polo Movemento de Liberación Popular do Sudán,[3] ala política do Exército de Liberación Popular do Súdan, tras un concurso en agosto de 2010 para decidir o himno do novo estado futuro. O himno entrou en vigor tras o referendo de independencia do Sudán do Sur de 2011, cando este se tornou nun estado soberano o 9 de xullo de 2011.[4]

South Sudan Oyee!
Himno deSudán do Sur
MúsicaEstudantes e profesores da Universidade de Juba[1]
2011
Adoptado2011
Mostra da música
noicon

Historia editar

O comité recibiu 49 propostas para o himno.[5] O título provisional para a proposta gañadora foi "Land of Kush". O concurso emitiuse en directo na televisión no 2010.[3]

A música gañadora foi composta por alumnos e profesores da Universidade de Juba.[1][3]

Letra editar

Orixinal[6]
Oh God
We praise and glorify you
For your grace on South Sudan,
Land of great abundance
Uphold us united in peace and harmony.
Oh motherland
We rise raising flag with the guiding star
And sing songs of freedom with joy,
For justice, liberty and prosperity
Shall forever more reign.
Oh great patriots
Let us stand up in silence and respect,
Saluting our martyrs whose blood
Cemented our national foundation,
We vow to protect our nation
Oh God bless South Sudan.
Tradución
Oh Deus,
Louvámoste e glorificámoste
pola túa graza sobre o Sudán do Sur,
terra de grande abundancia.
Manténnos unidos en paz e harmonía.
Oh terra nai,
erguémonos erguendo a bandeira coa estrela guía
e cantamos cancións de liberdade con alegría,
para que a xustiza, a liberdade e a prosperidade
reinen por sempre xamais.
Oh grandes patriotas,
poñámonos en pé en silencio e con respecto,
saudando os nosos mártires, cuxo sangue
cimentou a fundación da nosa nación.
Xuramos protexer a nosa nación
Oh Deus, bendí ao Sudán do Sur.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Martell, Peter (11 de xaneiro de 2011). "A song for south Sudan: Writing a new national anthem". BBC News. Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  2. "National Anthem of South Sudan for Android - APK Download". APKPure.com (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "South Sudan Oyee!". NationalAnthems.me. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2012. Consultado o 7 de novembro de 2012. 
  4. "Southern Sudan prepares own anthem ahead of referendum". BBC News. 6 de agosto de 2010. 
  5. Tor, Gabriel M. (12 de novembro de 2010). "South Sudan National Anthem - "The Land of Cush"". Talk of Sudan. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. 
  6. "State Symbols". Government of the Republic of South Sudan. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2012. Consultado o 7 de novembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar