Soul-Crusher é o álbum de estrea da banda estadounidense de heavy metalWhite Zombie, publicado en novembro de 1987 a través do selo independente Silent Explosion. Foi a segunda e derradeira edición do grupo con Tom "Five" Guay na guitarra (a primeira fora o EP de 1986Psycho-Head Blowout). En 1988 o álbum foi adoptado e reeditado por Caroline Records. Cada selo realizou 2 000 copias, sendo unha rareza entre os coleccionistas. A pesar da súa inicial edición limitada e do relativamente descoñecido status da banda, o disco gañou a admiración de importantes músicos como Kurt Cobain, Iggy Pop e Thurston Moore.