Sonic the Hedgehog

serie de videoxogos

Sonic the Hedgehog (en xaponés : ソニック・ザ・ヘッジホッグ, Sonico za Hijihogo )[1] ou "Sonic o ourizo" é unha serie de videoxogos de SEGA ademais de ser o nome do personaxe principal da saga, sendo a mascota da compañía dende o ano 1991 co lanzamento do videoxogo homónimo á saga.

Logo actual de Sonic The Hedgehog

Tamén está presente en cómics[2], debuxos animados e libros. O primeiro videoxogo desta saga foi creado en 1991 na consola Sega Mega Drive (ou Genesis, como é coñecida nos EUA[3]). A velocidade é a nota característica do protagonista no primeiro xogo, que revolucionou o mundo das videoconsolas e arrebatou temporalmente o monopolio dos videoxogos a Nintendo. Sonic the Hedgehog tivo unha secuela en 1992, Sonic the Hedgehog 2 (no que se presentaba un novo amigo de Sonic, "Tails", un raposo laranxa con dúas colas), que recolleu se cabe máis louvanzas e éxito de vendas. Houbo tamén dúas entregas cos mesmos nomes nas consolas de 8-bits (Master System e Game Gear) coas correspondentes boas críticas.

Destácase tamén na consola Mega CD o "Sonic CD", cuxa trama se sitúa cronolóxicamente inmediatamente despois do primeiro xogo e antes de Sonic the Hedgehog 2, feito que explica a ausencia de Tails nel. A trama de Sonic CD comienza con Sonic apresurándose cara un lago xigantesco chamado Never Lake, sobre o cal un satélite, Little Planet (tamén coñecido como Miracle Planet), aparece no último mes de cada ano para logo desaparecer durante outros 11 meses. O archi-inimigo de Sonic, o Dr. Robotnik (ou Eggman), encadeou o planeta a unha montaña e procedeu a transformalo nunha fortaleza xigante co seu exército de robots. Para levar a cabo o seu plan, Robotnik usa as Time Stones, sete xemas de cores que controlan o fluxo do tempo, agochados nas diferentes zonas dos niveis. Estas pedras preciosas misteriosas teleportan ao Little Planet a través do tempo. Sonic aventúrase no satélite, seguido pola namorada Amy Rose , a súa autoproclamada moza, aínda que este amor non sexa correspondido. Robotnik envíao seu máis recente invento, Metal Sonic, unha réplica robótica malvada de Sonic, para secuestrar a Amy en Collision Chaos, atraendo ao ourizo ao perigo. Despois de superar a Metal Sonic nunha carreira en Stardust Speedway, demostrando que é máis veloz que a súa copia, e salvar a Amy, Sonic loita derrota a Robotnik na súa guarida, Metallic Madness. Existen dous finales, dependendo de se o xogador foi quen de recoller as Pedras do Tempo (Time Stones) ou logrou un bo futuro en cada nivel. No final bo, Little Planet agradece a Sonic cunha choiva de estrelas e vaise de Never Lake; no final malo, Little Planet vaise igualmente, pero Robotnik usa as Pedras do Tempo para traelo de volta e ínstase ao xogador a volver xogar o xogo para lograr o final bo. Sonic CD é considerado por unha gran cantidade de fans como a obra mestra de Sonic, se ben non tivo o éxito esperado debido ao fracaso comercial da consola.

O último proxecto con éxito na clásica Mega Drive foi o Sonic 3 & Knuckles, que se puxo á venda en dous xogos separados, Sonic 3 e Sonic & Knuckles, por limitacións de tempo, se ben ambos os xogos formaban parte do mesmo proxecto desde o principio. Tivo unha boa recepción e éxito en vendas, aínda que lixeiramente menor que o Sonic the hedgehog 2.[4][5]

Tras unha serie de xogos con pouco éxito, SEGA publica un novo xogo en 1999 na consola DreamCast, chamado "Sonic Adventure" que volveu a recoller boas críticas e que é considerado o xogo que máis vendeu naquela consola. Este xogo tivo unha secuela, Sonic Adventure 2 (2001), que tivo boas críticas, aínda que non tan boas como na primeira parte. Tras esta entrega xurdiron unha serie de xogos que acarrearon críticas mixtas e niveis de venda moito máis baixos. Sonic Colors (2010) e Sonic Generations (2011) foron mellor valorados. En 2017 foi publicado Sonic Mania, que acadou valoracións positivas xeneralizadas de consumidores e revistas especializadas, e Sonic Forces, con críticas mixtas.[6]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. "Sonic the Hedgehog". Japanese Anime Wiki (en inglés). Consultado o 2024-10-17. 
  2. "Sonic the Hedgehog (Archie comics) - Sonic Retro". info.sonicretro.org. Consultado o 2024-10-18. 
  3. "Sega Mega Drive". Sega Enciclopedia (en castelán). Consultado o 2024-10-18. 
  4. "Sonic & Knuckles". Sonic Wiki Zone (en inglés). Consultado o 2024-10-18. 
  5. "Sonic". Video Game Sales Wiki (en inglés). Consultado o 2024-10-18. 
  6. "Sonic Forces Reviews". www.metacritic.com (en inglés). Consultado o 2024-10-18.