Sonia Rykiel, nada Sonia Flis o 25 de maio de 1930 en París e finada o 25 de agosto de 2016 na súa cidade natal, foi unha deseñadora de moda francesa, fundadora da casa de moda Sonia Rykiel.[1]

Infotaula de personaSonia Rykiel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Sonia Annette Flis Editar o valor em Wikidata
25 de maio de 1930 Editar o valor em Wikidata
XIV Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de agosto de 2016 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
VII Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Párkinson Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñadora de alta costura , escritora , escritora de literatura infantil , deseñadora , empresaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNathalie Rykiel (pt) Traducir, Jean-Philippe Rykiel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina websoniarykiel.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0753302 Facebook: SONIARYKIEL Discogs: 622179 Find a Grave: 168959734 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu pai eran romanés e a nai polaca, ambos os dous xudeus, e Sonia era a máis vella dos cinco fillos da parella[2]. En 1948 era escaparatista na Grande Maison de Blanc e en 1954 casou con Sam Rykiel, propietario de Laura, unha tenda dedicada á confección de roupa,[3] e foi nesta tenda na que realizou as súas primeiras confeccións, primeiro roupa para embarazadas e logo xerseis que se coñecerían como poor boy sweater e que se volverían as pezas icónicas da deseñadora, sempre á marxe da alta costura e ligada ao movemento prêt à porter.

En 1960, un dos seus xereis foi portada da revista Elle e Audrey Hepburn, nunha visita á tenda Laura, levou 14 xerseis asinados Sonia Rykiel de todas as cores[4]

En 1965 creou, coa axuda do seu marido, a sociedade Sonia Rykiel C. D. M. Consagrada en 1967 pola revista estadounidense Women's Wear Daily como a "raíña do punto", Rykiel na procura dunha moda cómoda e versátil inventou as costuras visibles, as pezas sen remate nin vaíña, colocou mensaxes nas pezas de roupa e en xeral deu lugar a unha nova filosofía da moda: démode[1]. Creando un estilo de elementos identificables como negros, o estampado a raias, o strass ou o encaixe.

A pesar do seu divorcio con Sam Rykiel, fundou con este último, en maio de 1968, o "griffe Sonia Rykiel" e abriu a súa primeira tenda en París.[1] As súas creacións quedaron asociadas coa imaxe dunha parisiense "feminina, libre, sensual e independente".[5],[6]

Rykiel tamén foi escritora, escribiu varios libros sobre moda, unha colección de historias para nenos e unha novela epistolar con Régine Deforges. Publicou o seu primeiro libro, Et Je La Voudrais Nue, en 1979.[7]

Libros editar

  • 1979 : Et je la voudrais nue, éditions Grasset.
  • 1988 : Célébration 20 ans de mode, éditions des femmes.
  • 1989 : La collection, éditions Grasset.
  • 1993 : Tatiana, acacia, contos infantís, ilustracións de Charles Matton, éditions Flammarion 4.
  • 1994 : Collection terminée, Collection interminable, Éditions Flammarion.
  • 1996 : Les lèvres Rouges, novela, éditions Grasset (éditions Kodansha, Xapón, 2000).
  • 1999 : Paris sur les pas de Sonia Rykiel, éditions Garde Temps (éditions Shueisha, Japon, 2000).
  • 2005 : L'envers à l'endroit, éditions Fayard.
  • 2005 : Casanova était une femme, correspondencia entre Sonia Rykiel e Régine Deforges, ilustracións de Claire Bretécher, éditions Calmann-Lévy.
  • Dictionnaire déglingué, éditions Flammarion (ISBN 978-2-0812-7178-4)
  • 2012 : N'oubliez pas que je joue, escrito con Judith Perrignon, éditions de l'Iconoclaste.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Philippe Dayan, Dans les coulisses de Sonia Rykiel, Les Échos, no30, setembro de 2004, p. 58
  2. « Sonia Rykiel: Mode et Design  » Arquivado 29 de marzo de 2012 en Wayback Machine., ina.fr, 30 de decembro de 1989.
  3. De fille en aiguille Arquivado 23 de febreiro de 2016 en Wayback Machine., Liberation, 10 de xaneiro de 2005
  4. Joyeux anniversaire Sonia Rykiel Arquivado 22 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Vogue, 24 de novembro de 2008
  5. Mort de Sonia Rykiel, la couturière qui a libéré le pull Arquivado 16 de setembro de 2016 en Wayback Machine., radiovl.fr, 25 de agosto de 2016
  6. « Nathalie Rykiel: L’élégance, un mythe à casser, lesoir.be, 25 de agosto de 2016
  7. Suzi Menkes (28 de abril de 1998). "Sonia Rykiel: Still Whipping Up the Cultural Broth". The New York Times.