Sonia Contera

física española

Sonia Antoranz Contera, nada en 1970 en Madrid, é unha física e nanotecnóloga española; é profesora de Física (especializado en física dos procesos biolóxicos, en inglés Bioological Physics ) no departamento de Física da Universidade de Oxford, [1] foi codirectora do programa de Nanotecnoloxía da Oxford Martin School,[2] e é " Senior Research Fellow " no Green Templeton College .[3] Actualmente é vicedecana do Departamento de Física da Universidade de Oxford.

Infotaula de personaSonia Contera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Osaka (pt) Traducir - Doutor en filosofía (1997–2000)
Universidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBiofísica, física, Nanotecnoloxía e institución educativa universitaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , nanotechnologist (en) Traducir , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDepartment of Physics, University of Oxford (en) Traducir (2012–)
Department of Physics, University of Oxford (en) Traducir (2007–2012)
Department of Physics, University of Oxford (en) Traducir (2003–2007) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, ensino de inglês como língua estrangeira (pt) Traducir, lingua chinesa, lingua checa, lingua rusa, lingua dinamarquesa, lingua xaponesa, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sonia Contera creceu en Puerto del Rosario (Fuerteventura). [4] Licenciouse en Física na Universidade Autónoma de Madrid en 1993. [5] Continuou os seus estudos na Universidade Estatal de Moscova (MGU), na Academia de Ciencias da República Checa e na Universidade de Lingua e Cultura de Pequín.[6] Doutorouse na Universidade de Osaka en 2000, cunha bolsa do goberno xaponés (Monbushou), onde o seu supervisor era Hiroshi Iwasaki.[7] Foi investigadora en Dinamarca, na Universidade de Aarhus .[8]

Investigación editar

A investigación de Contera utiliza a física e a nanotecnoloxía para comprender os problemas biolóxicos.[9][10] Ten un especial interese no papel da mecánica e da termodinámica de non equilibrio na bioloxía e deseña nanomateriais que imitan funcións biolóxicas para aplicacións biomédicas como a administración de fármacos [1] e a enxeñería de tecidos.[11] É especialista en microscopia de forza atómica. En 2003 comezou a traballar en Oxford. [4]

Contera foi codirectora do Oxford Martin Program on Nanotechnology for Medicine (Instituto de Nanociencia para a Medicina) de 2008 a 2013.[12][13] En 2014-2016, foi membro do consello do Consello da Axenda Global do Foro Económico Mundial na área de Nanotecnoloxía.[14][15] En 2017, foi nomeada presidenta da Sección de Microscopía de Sondas de Escaneo da Royal Microscopical Society.[16]

Publicou o libro, Nano Comes to Life: How nanotechnology is transforming Medicine and the Future of Biology (Princeton University Press), en 2019 e en rústica en 2021.[17][18] O libro tivo unha boa acollida na comunidade científica, con críticas nas revistas Nature,[19] Nature Physics [20] e New Scientist.[21] Revistas informativas como BBC Science Focus [22] tamén dedicaron artigos e podcasts ao libro. O seu libro foi publicado en chinés (co título 纳米与生命)en 2021 pola prensa CITIC e será publicado en xaponés por Newton Press.

Contera é conferenciante sobre ciencia e tecnoloxía e as súas consecuencias filosóficas e sociais,[23] foi conferenciante convidada na Royal Institution of Great Britain.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Sonia Contera". Consultado o 23 de maio de 2019. 
  2. "Profesora Sonia Contera". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2022. Consultado o 27 de maio de 2022. 
  3. College, Green Templeton. "Dr Sonia Antoranz Contera" (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Oppenheimer, Walter (26 de decembro de 2012). "La medicina del futuro" (en castelán). Consultado o 24 maio 2019. 
  5. "ORCID". Consultado o 23 de maio de 2019. 
  6. Oppenheimer, Walter (26 de diciembre de 2012). "La medicina del futuro" (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 23 de mayo de 2019. 
  7. "Sonia Antoranz Contera | University of Oxford Department of Physics". Consultado o 23 de maio de 2019. 
  8. Internet, Unidad Editorial. "Nano-ingeniería de tejidos para medicina regenerativa" (en castelán). Consultado o 27 de enero de 2020. 
  9. "Sonia Contera - EPSRC website". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2022. Consultado o 23 de mayo de 2019. 
  10. Levine, Alaina G. (14 de noviembre de 2014). "Biosystems nanotechnology: Big opportunities in the science of the small" (en inglés). AAAS. Consultado o 25 de mayo de 2019. 
  11. Luna, Mónica (22 de agosto de 2011). "Nano-ingeniería de tejidos para medicina regenerativa" (en castelán). Consultado o 25 de mayo de 2019. 
  12. "Professor Sonia Contera | People" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2019. Consultado o 23 de mayo de 2019. 
  13. Rius, Mayte (7 de mayo de 2016). "¿Somos como dicen los estereotipos?". Consultado o 25 de mayo de 2019. 
  14. "Global Agenda Councils - World Economic Forum" (en inglés). Consultado o 23 de mayo de 2019. 
  15. Paniagua, Esther (19 de julio de 2016). "Sonia es profesora en Oxford: "Eliminaría los exámenes en primaria"" (en castelán). Consultado o 25 de mayo de 2019. 
  16. "Scanning Probe Microscopy". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de mayo de 2019. 
  17. "Nano Comes to Life by Sonia Contera | Waterstones" (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2019. 
  18. CONTERA, SONIA. (2019). NANO COMES TO LIFE : how nanotechnology is transforming medicine and the future of biology. [S.l.]: PRINCETON UNIV PRESS. ISBN 978-0691168807. OCLC 1099683369. 
  19. Kiser, Barbara (2019-12-10). "A heliocentric epic, volcanic viniculture, and cartoon chemistry: Books in brief" (en inglés) 576 (7786): 207–207. doi:10.1038/d41586-019-03757-0. Consultado o 2021-09-15. 
  20. Horejs, Christine-Maria (2020-03). "I, nanorobot" (en inglés) 16 (3): 239–239. ISSN 1745-2481. doi:10.1038/s41567-020-0820-1. Consultado o 2021-09-15. 
  21. "Educational access digital subscriptions | New Scientist". Consultado o 2021-09-15. 
  22. "Sonia Contera: How will nanotechnology revolutionise medicine?" (en inglés). Consultado o 2021-09-15. 
  23. Salas, Javier (2022-05-27). "Sonia Contera: “La gente reaccionará contra los abusos de la tecnología y acabará con la ciencia”". El País (en castelán). Consultado o 2022-05-27. 

Véxase tamén editar