Solidaridad Obrera (sindicato histórico)

Solidariedade Obreira (en catalán orixinal Solidaritat Obrera) foi unha organización sindical formada en 1907 sobre as estruturas da "Unió Local de Societats Obreres de Barcelona" a fin de reorganizar os sindicatos cataláns moi debilitados a consecuencia do fracaso da folga xeral obreira de 1902 en reivindicación da xornada de 8 horas e o recoñecemento do dereito á folga.

Solidaridad Obrera
Data de fundaciónagosto de 1907
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Portada de Solidaridad Obrera (1907)

Houbo dúas reunións constituíntes da inicialmente "Federació Local de Societats Obreres de Barcelona" (xuño de 1907) tomándose a raíz delas o acordo de facer público un manifesto común e constituír a comisión organizadora formada por:

  • Salvador Seguí, da Sociedade de pintores
  • Antoni Badia, da Asociación da Dependencia Mercantil
  • Bruguera, da Sociedade de pasteleiros e confiteiros
  • Saví, da Sociedade de metalurxia
  • Sedó, da Sociedade de tipógrafos

Seguidamente, no mes de xullo publicouse no semanario Tierra y Libertad o manifesto, do que se poden extraer frases como:

...como clase obreira só podemos ter unha fin común: a defensa dos nosos intereses e só un ideal pode unirnos, a nosa emancipación económica, que transforma o réxime capitalista actual, baseado na explotación do home polo home, por un réxime social fundado sobre a base racional do traballo pola solidariedade humana....

...Lembremos que a emancipación dos traballadores ha de ser obra dos traballadores mesmos; nós amosarémosvos o camiño, que é a asociación e a solidariedade obreira.
Tierra y Libertad, xullo 1907.

En agosto constituíuse formalmente Solidariedade Obreira, con ampla participación, podéndose citar a Antoni Fabra, Josep Prat ou Tomás Herreros, elixíndose formalmente á Xunta directiva e establecéndose como premisa que só se poderían adherir sociedades formadas exclusivamente por obreiros.
Axiña adquiriu unha forza enorme entre a clase traballadora, afiliándose múltiples sociedades obreiras catalás no congreso de 1908, reconstituíndose como "Confederació Regional de Societats de Resistència - Solidaritat Obrera". Nese mesmo ano publicaron no periódico Solidaridad Obrera un manifesto rexeitando un Proxecto de Lei contra o Terrorismo elaborado polo goberno de Antonio Maura.
Os sucesos da Semana Tráxica de Barcelona e posterior represión dos movementos obreiros significaron un paro das actividades en 1909.

Restablecida a Confederación, celebrou o seu segundo congreso en Barcelona de 1910 (30 e 31 de outubro e 1 de novembro), no que se debateu a ampliación territorial a nacional, punto crítico ó xa existir a UXT neste ámbito e con fundamentos sólidos no resto de España, aínda que non en Cataluña, onde era minoritario. Por ampla votación a favor tomouse o acordo de constituírse como confederación obreira a nivel estatal: a Confederación Nacional do Traballo (CNT).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Huertas Clavería, Josep Maria (1976). Salvador Seguí “ el noi del sucre”; materials per una biografia (en catalán). Barcelona: Laia. ISBN 9788472226098. 
  • Autores varios. Història de la cultura catalana. Volume VI e VII. Barcelona, edicions 62.
  • Ferran Aisa. Solidaridad Obrera. Barcelona, Ateneu Enciclopèdic Popular, 1988.
  • Almanaque de la "Revista Blanca" y "Tierra y Libertad". Madrid, Revista Blanca.

Outros artigos editar