Sociedad Anónima de Fomento del Lúpulo

empresa agrícola española

A Sociedad Anónima de Fomento del Lúpulo é unha empresa agrícola de capital público creada na España do franquismo para controlar a produción do lúpulo no país.

Sociedad Anónima de Fomento del Lúpulo
Tiposociedade
SedeMadrid
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Fundouse en 1946 como continuación do Servicio Oficial para el Fomento del Cultivo del Lúpulo, un departamento do Ministerio de Agricultura español creado en 1937 na zona sublevada. Creouse como empresa de capital público, coa concesión do monopolio de explotación e aproveitamento do lúpulo en todo o Estado.

Tiña o enderezo social en Madrid e a base operativa en Betanzos, onde tiña a delegación Primeira (Norte). Os seus delegados para esta zona norte foron o betanceiro Raúl Fernández Meás (1946-1953) e Luis Sevilla González (1953-1983).[1]

Notas editar

  1. Maino (Marcelino Álvarez López) (1983). "El cultivo del lúpulo en Galicia". Anuario Brigantino (6): 103.