Sly Stone

músico estadounidense

Sylvester Stewart, nado en Denton, Texas, o 15 de marzo de 1943 e finado nos Ánxeles o 9 de xuño de 2025,[1] máis coñecido polo seu nome artístico Sly Stone, foi un músico, compositor e produtor musical estadounidenses coñecido sobre todo como líder da banda Sly and the Family Stone, xogando un papel crítico no desenvolvemento do funk coa súa pioneira fusión de soul, rock, psicodelia e gospel nos anos 60 e 70. AllMusic dixo que "James Brown pode ter inventado o funk, pero Sly Stone perfeccionouno", e acredítao como "creador dunha serie de discos eufóricos pero políticamente cargados que demostraron unha grande influencia en artistas de todas as orixes musicais e culturais".[2] Crawdaddy! chamouno "o fundador do soul progesivo".[3]

Modelo:BiografíaSly Stone

(1982) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Sylvester Stewart Editar o valor en Wikidata
15 de marzo de 1943 Editar o valor en Wikidata
Denton, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xuño de 2025 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesSly Stone Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgreja de Deus em Cristo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónVallejo High School (en) Traducir
Solano Community College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, director de orquestra, cantautor, líder de banda, músico, produtor musical, pianista, cantautor, cantante, músico de rock Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata - 2023 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Soul e Funk Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, voz e teclado Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEpic Records Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFreddie Stone
Rose Stone Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webslystonemusic.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0829854 IBDB: 73068
Twitter: higherslystone BNE: XX1123842 Musicbrainz: a833e001-7c3b-491f-b7d4-2ef367837b95 Songkick: 178930 Discogs: 142451 Allmusic: mn0000751663 WikiTree: Stewart-65880 Find a Grave: 283807157 Genius: Sly-stone Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado en Texas e medrado na Bay Area do norte de California, Stone dominaba varios instrumentos a curta idade e interpretaba música gospel de neno cos seus irmáns (e futuros compañeiros de banda) Freddie e Rose. A mediados dos 60 traballou tanto como produtor musical para Autumn Records como disc jockey para a emisora de radio KDIA de San Francisco. En 1966, Stone e o seu irmán Freddie uniron as súas bandas para formar Sly and the Family Stone, un grupo de xénero mixto racialmente integrado. A banda conseguiu varios temas exitosos, como "Dance to the Music" (1968), "Everyday People" (1968), "Thank You (Falettinme Be Mice Elf Agin)" (1969), "I Want to Take You Higher" (1969) "Family Affair" (1971) e "If You Want Me to Stay" (1973), e aclamados álbums como Stand! (1969), There's a Riot Goin' On (1971) e Fresh (1973).

A mediados dos 70 o abuso das drogas e o errático comportamento de Stone acabaron co grupo, sacando varios álbums en solitario pouco exitosos. En 1993 foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame como membro do grupo.[4] Participou nun tributo a Sly and the Family Stone nos premios Grammy de 2006, a súa primeira actuación en vivo dende 1987.

  1. Murphy, Brian (9 de xuño de 2025). "Sly Stone, dazzling funk maestro with the Family Stone, dies at 82". The Washington Post (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2025. 
  2. "Sylvester "Sly Stone" Stewart Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-16. 
  3. Contemporary musicians : profiles of the people in music. Detroit, Mich.: Gale Research. ©1989-. p. 257. ISBN 0-8103-5403-9. OCLC 20156945. 
  4. "Sly and the family Stone". Rock & Roll Hall of Fame. Consultado o 2022-12-16.