Slip
O slip é un tipo de calzón axustado, sen perneiras, e proporciona máis soporte que os boxers, retendo aos órganos xenitais nunha posición fixa. Isto faio ideal para actividades deportivas ou para aqueles que queren un soporte máis axustado que o que proporcionan os boxers.
Algúns médicos din que a temperatura pode afectar a produción de esperma e que o slip, ao forzar aos testículos contra o corpo, interfire coa espermatoxénese. Moitos médicos recoméndanlle a homes con baixo reconto de esperma que cambien o slip por boxers. Outros estudos cuestionan que o uso de slips inflúa a produción de esperma.