Sleeper (álbum de Ty Segall)

Sleeper é o sexto álbum de estudio do músico estadounidense de indie rock Ty Segall, publicado o 20 de agosto de 2013 a través do selo Drag City. Gravado entre xaneiro e marzo de 2013, o disco ten principalmente composicións acústicas de folk psicódelico e está influenciado pola morte do pai de Segall e o seu posterior afastamento da súa nai.[1]

Sleeper
Álbum de Ty Segall
Publicado20 de agosto de 2013
Gravaciónxaneiro - marzo de 2013
Estudio(s)515 National Street, San Francisco
Duración35:53
Xénero(s)música acústica, neopsicodelia, folk psicodélico
Selo(s)Drag City
Producido porTy Segall
Cronoloxía
Twins
(2012)
Sleeper Manipulator
(2014)

Tras o lanzamento do álbum, Segall sinalou: "Non estaba nun bo momento. Pasara por cousas difíciles, como a morte do meu pai, e tamén estaba pasando por algúns problemas de relación. Ademais, estaba tendo todos estes soños horribles. Uns sobre o sono e a morte, e a partir de aí escribiría cousas. Non é realmente como o que fago. É máis brutal para min".[2]

O álbum destaca por ser o primeiro sen un sinxelo promocional desde o álbum debut homónimo de Segall. Aínda así, en novembro de 2013, lanzouse un vídeo oficial para "The Man Man".

Listaxe de cancións

editar
N.º Título Duración
1. "Sleeper"   3:55
2. "The Keepers"   3:42
3. "Crazy"   2:28
4. "The Man Man"   3:17
5. "She Don't Care"   3:50
6. "Come Outside"   4:34
7. "6th Street"   2:55
8. "Sweet C.C."   3:36
9. "Queen Lullabye"   4:21
10. "The West"   3:15
  1. Rubin, Mike (2013-08-23). "I Love You, Mom, but Hear My Record". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2024-07-28. 
  2. "Ty Segall: Anything But A Light Sleeper" (en inglés). 2013-08-19. Consultado o 2024-07-28.