Skipper foi un satélite artificial colaboración entre Estados Unidos e Rusia lanzado o 28 de decembro de 1995 a bordo dun foguete Molniya M desde o cosmódromo de Baikonur.[1][5][4]

Skipper
TipoCientífico
OrganizaciónBMDO
Data de lanzamento28 de decembro de 1995[1][2][3]
Foguete portadorMolniya M[1][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[1][5]
Obxectivo da misiónExperimentos de reentrada e na alta atmosfera.[1][5]
NSSDC ID1995-072B
Datos orbitais
Semieixo maior7183 km[2]
Inclinación99,0º[2]
Apoapse817,2 km[2]
Periapse808,4 km[2]

Características editar

A misión de Skipper foi estudar a fronte de choque e as emisións ultravioleta dos corpos reentrando na atmosfera terrestre a diferentes alturas e velocidades. Foi a terceira misión do programa de estudo de fronte de choque na reentrada do BMDO, coas dúas primeiras sendo misións suborbitais. Os instrumentos e o bus foron construídos nos Estados Unidos por Space Dynamics, mentres que o módulo de propulsión e as células solares do satélite foron proporcionados polo Instituto de Aviación de Moscova, así como o vehículo de lanzamento. Os experimentos non puideron completarse debido a un fallo de cableado no satélite.[1][5][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 NASA (13 de abril de 2021). "Skipper" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SKIPPER" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2021. 
  3. "Note verbale dated 10 September 2013 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (13-87360 (E)). 22 de outubro de 2013: 2. Consultado o 2 de maio de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Skipper" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2021). "Skipper" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar