Abrir o menú principal

Situación dramática

A situación dramática é o punto álxido en que converxe todo o desenvolvemento da comunicación dramática, é o clímax; pero é tamén a imaxe global da representación teatral que acadan os espectadores tras conseguiren os personaxes manifestar, de maneira sistematizada, na escena, os comportamentos persoais, as actitudes caracterolóxicas e mesmo a intriga.

CaracterísticasEditar

A situación dramática implica que o espectador asimile ou asuma os cinco momentos interiores da acción dramática (presentación, desenvolvemento, intensificación, clímax, desenlace). A situación dramática presupón que o texto poida converterse en acción asimilable.

Atendendo ó que o autor pode considerar no momento da creación, a acción dramática é o resultado dunha obra en que se proxecta un conxunto de situacións fragmentarias que se intentan sistematizar: a situación do suxeito (con funcións de desexo e busca), a do obxecto (o desexado), a do opoñente (enfrontado ó suxeito), a do axudante, a do destinador (forzas ou personaxes que inflúen sobre o destino), a do destinatario (o que se beneficia do obxecto.

A situación dramática será polo tanto, desde a perspectiva da autoría, a conexión desas seis situacións fragmentarias pensadas no decorrer -en cada un dos cadros- da obra.

Para o actor, a situación dramática incorpora os mecanismos de representación escénica por seren o único medio para que o texto acade a súa realización dramática e por se inmiscuíren no establecemento da dialéctica das accións.

Para o espectador, a situación dramática permite acada-la comprensión do texto e do espectáculo, permite ordena-las referencias expostas na obra, ata-las funcións explicitadas pola trama dos personaxes.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar