Sistema de estudios

O sistema de estudios, en vigor durante o período coñecido como a Idade de Ouro de Hollywood, é un método de produción e distribución cinematográficas dominado por un pequeno número de grandes estudios de Hollywood ("majors"). Aínda que a expresión aínda se emprega como referencia ao sistema dos grandes estudios, historicamente refírese á practica dos grandes estudios entre as décadas de 1920 e 1960 que producían filmes principalmente cos seus propios cineastas, con contratos de larga duración, e dominaban a exhibición a través da integración vertical, é dicir, a posesión do control definitivo das distribuidoras e exhibidoras.

O sistema de estudios foi desafiado polas leis antimonopolio nunha resolución da Corte Suprema de 1948 que pretendía separar a produción da distribución e da exhibición e rematar con estas prácticas, provocando a fin do sistema de estudios. En 1954, coa televisión competindo polo público e a última ligazón entre unha gran produtora e unha cadea de cines, a era do sistema de estudios estaba rematada.

Durante a idade de ouro de Hollywood, oito compañías constituían os principais estudios. Deses oito, cinco eran completos conglomerados que combinaban un estudio de produción, unha división de distribución, unha cadea de cines e contratos con actores e cineastas propios: Fox Film Corporation (despois 20th Century Fox), Loew’s Incorporated (propietaria do maior circuíto de cines dos Estados Unidos e compañía nai da Metro-Goldwyn-Mayer), Paramount Pictures, RKO Radio Pictures e Warner Bros. Dúas grandes —Universal Pictures e Columbia Pictures— estaban organizadas de xeito semellante, aínda que só tiveron pequenos circuítos de exhibición. A oitava grande, United Artists, era dona duns poucos cine e tiña acceso a dous servizos de produción propiedade dos membros do grupo que a controlaba, mais funcionaba basicamente como promotora-distribuidora, emprestando diñeiro a produtores independentes e estreando os seus filmes.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bergan, Ronald (1986). The United Artists Story (Nova York: Crown). ISBN 0-517-56100-X
  • Chapman, James (2003). Cinemas of the World: Film and Society from 1895 to the Present (Londres: Reaktion Books). ISBN 1-86189-162-8
  • Finler, Joel W. (1988). The Hollywood Story (Nova York: Crown). ISBN 0-517-56576-5
  • Goodwin, Doris Kearns (1987). The Fitzgeralds and the Kennedys (Nova York: Simon and Schuster). ISBN 0-671-23108-1
  • Hirschhorn, Clive (1979). The Warner Bros. Story (Nova York: Crown). ISBN 0-517-53834-2
  • Jewell, Richard B., with Vernon Harbin (1982). The RKO Story (Nova York: Arlington House/Crown). ISBN 0-517-54656-6
  • Orbach, Barak Y. (2004). "Antitrust and Pricing in the Motion Picture Industry," Yale Journal on Regulation vol. 21, n.º 2, verán (dispoñinble en liña).
  • Schatz, Thomas (1998 [1988]). The Genius of the System: Hollywood Filmmaking in the Studio Era (Londres: Faber and Faber). ISBN 0-571-19596-2
  • Schatz, Thomas (1999 [1997]). Boom and Bust: American Cinema in the 1940s (Berkeley, Os Ánxeles e Londres: University of California Press). ISBN 0-520-22130-3
  • Utterson, Andrew (2005). Technology and Culture—The Film Reader (Oxford e Nova York: Routledge/Taylor & Francis). ISBN 0-415-31984-6