Sistema Schoenflies

O sistema Schoenflies ou sistema de Schoenflies, chamado así polo matemático alemán Arthur Schoenflies[1], é unha notación que se emprega normalmente para clasificar as moléculas en función da súa simetría[2]. É a notación máis antiga de todas. Usa as seguintes letras para identificar grupos puntuais :

  • a letra I para o grupo con simetría icosaédrica;
  • a letra O para o grupo con simetría octaédrica;
  • a letra T para o grupo con simetría tetraédrica;
  • C n para grupos caracterizados por ter un eixo de rotación n-ario;
  • S n para grupos que conteñen un eixo n-ario de rotación impropria;
  • D n para un grupo que contén un eixo de rotación n-ario máis un eixo binario perpendicular a ese eixo.

Isto representa a simboloxía básica á que se engaden varios subíndices para diferenciar en función da presenza doutros elementos característicos de simetría (como planos especulares ou centros de inversión).

O sistema internacional ou sistema Hermann-Mauguin úsase sobre todo en cristalografía para a simetría cristalina.

NotasEditar

  1. Peter Atkins, Julio De Paula (1994). "Chimica Fisica". 4ª ed., Bologna, Zanichelli. ISBN 88-08-09649-1. 
  2. "Cristalografia. Universidade do Minho" (PDF). Uminho.pt. Consultado o 8-7-2021. 

Véxase taménEditar