O Sinus Amoris ("Baía do Amor" en latín) esténdese ao norte do extremo nordeste do Mare Tranquillitatis. Está localizado nas coordenadas selenográficas 19.92° N de latitude e 37.29° E de lonxitude, aínda que ao tratarse dun elemento de forma irregular e límites non moi precisos, as coordenadas do seu punto central e do seu diámetro poden variar entre distintas fontes.[1] O seu diámetro envolvente é duns 189 km. Ao norte da baía áchanse os accidentados cumes dos Montes Taurus.

Sinus Amoris. (Misión Clementine 1994)
Imaxe do norte do Sinus Amoris, co cráter Römer por encima (esquerda do centro) (Misión Apolo 17).

Preto do límite sur da baía, onde se une co Mare Tranquillitatis, sitúase o cráter Theophrastus. No seu lado occidental aparecen o cráter alagado de lava Maraldi e o Mons Maraldi. Limítrofe co lado leste da baía aparecen os cráteres Carmichael e Hill. A parte central da baía inclúe algunhas cristas baixas, aínda que en xeral o seu perfil é considerablemente chairo e está libre doutros trazos significativos.

Na saída da baía cara ao sur, onde únese ao Mare Tranquilitatis, aparece o Mons Esam, unha elevación menor situada entre varios domos lunares pequenos.

Sinus Amoris, co cráter Hill no centro da imaxe

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Antonín Rükl: Mond, Mars, Venus. Taschenatlas der erdnächsten Himmelskörper. Artaria-Verlag, Praga 1977, páx. 138-141

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar