Singular e plural en galego

 Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego
O plural en galego fórmase utilizando as seguintes regras:

  • Cando unha palabra remata en -n, hai que engadir un -s
singular plural
can cans
pantalón pantalóns
son sons
  • Cando unha palabra remata en -l, ten máis dunha sílaba e se pronuncia cargando a voz ao final (aguda), hai que suprimir o -l e engadir -is
singular plural
animal animais
papel papeis
candil candís
farol farois
xornal xornais

Pero, cando unha palabra non é aguda, o plural faise engadindo -es

singular plural
dócil dóciles
difícil difíciles
  • Cando unha palabra remata en vogal acentuada ou en ditongo, hai que engadir -s
singular plural
avó avós
lei leis
rei reis
  • Para o resto das palabras, se remata en vogal engadimos -s, e se remata en consoante engádese -es:
singular plural
neno nenos
fácil fáciles
muller mulleres
tío tíos
flor flores
mal males
cor cores