Abrir o menú principal

Simeón García de la Riva

Simeón García Olalla de la Riva nado en Logroño en 1823 e finado en Alcoi o 31 de maio de 1889[1], foi un empresario galego.

Simeón García de la Riva
Nacemento1823
 Logroño
Falecemento31 de maio de 1889
SoterradoCemiterio de Boisaca
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Chegou a Santiago de Compostela en 1845 con 22 anos onde estaba establecido o seu irmán maior, dedicado ao comercio. Cando en 1854 morreu o seu irmán, Simeón tomou as rendas do negocio e tres anos despois fundou o Banco Simeón. Casou en 1866 con Juana Blanco Navarrete. Despois ampliou o seu radio de acción a outras cidades españolas como Barcelona. Os seus fillos coa denominación Viuda e Hijos de Simeón García, continuaron a actividade creando casas comerciais en Madrid, Burgos, León, Santander, Oviedo, Pontevedra e Lugo. Logo do falecemento dos fillos varóns continuou á fronte do negocio a súa filla Isabel García Blanco, que casara co comerciante Acisclo Sáenz Díaz.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 1-6-1889, p. 3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar