Simón Casal
Simón Casal, nado na Coruña en 1984,[1] é un cineasta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (39/40 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema |
Sitio web | simoncasal.es… |
Traxectoria
editarNa súa carreira profesional traballou como guionista, director e produtor. En 2016 realizou a súa primeira longametraxe como director, Lobos sucios, unha historia ambientada nas minas de volframio en Galicia durante a segunda guerra mundial.
Tamén traballou no campo do documental en pezas como The Gourougou Trial,[2] no que aborda a historia dun xuízo internacional no Tribunal de Estrasburgo que enfrontou dous migrantes africanos e ao Estado español, e no que se dirimía a legalidade das devolucións en quente en Melilla, que continúan producíndose a día de hoxe. En 2024 dirixiu Xustiza artificial, sobre a posibilidade de que se implementen tecnoloxías de intelixencia artificial na administración de xustiza.
Notas
editar- ↑ "Simón Casal, director de «Justicia artificial»: «La gente sale encendida del cine, con ganas de discusión»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-09-13. Consultado o 2024-09-14.
- ↑ Casais, Marta (2024-09-14). "El universo gallego de Simón Casal". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-09-14.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web (en inglés), (en castelán).