Silvia Tubert
Silvia Tubert, nada en Buenos Aires e finada en Madrid o 27 de febreiro de 2016, foi unha psicanalista investigadora da sexualidade feminina e da linguaxe.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 27 de febreiro de 2016 |
Actividade | |
Ocupación | psicóloga |
Traxectoria
editarLicenciouse como psicóloga en Buenos Aires e doutorouse na Universidade Complutense de Madrid. Investigou o feminino combinando a psicanálise coa antropoloxía e a literatura. Traballou a conceptuación da maternidade.[2]
Obra
editar- Deseo y representación: convergencia de psicoanálisis y teoría feminista (Ensaio)
- Del sexo al género, los equívocos de un concepto
- Malestar en la palabra: el pensamiento crítico de Freud y la Viena de su tiempo
Notas
editar- ↑ "Muere en Madrid la psicoanalista Silvia Tubert" (en español). La Información. 28 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2018.
- ↑ Martínez Benlloch, Isabel. "CONCEPTUACIÓN DE LA MATERNIDAD EN LOS TRABAJOS DE SILVIA TUBERT" (PDF) (en español). Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2018.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|