Silent Hill

serie de videoxogos e franquía de terror creada por Keiichiro Toyama

Silent Hill (en xaponés: サイレントヒル Hepburn: Sairento Hiru?) é unha franquía de terror centrada nunha serie de videoxogos de terror psicolóxico e supervivencia creados por Keiichiro Toyama e distribuídos por Konami. Os primeiros catro videoxogos da serie, Silent Hill, Silent Hill 2, Silent Hill 3 e Silent Hill 4: The Room, foron desenvolvidos por un grupo interno chamado Team Silent, un persoal de desenvolvemento dentro da antiga subsidiaria de Konami Konami Computer Entertainment Tokyo.

Logo da franquía Silent Hill dende 2022.

Os seguintes seis xogos Origins, Homecoming, Shattered Memories, Downpour, Book of Memories e P.T. (un teaser xogable de Silent Hills), foron desenvolvidos por outros equipos, na súa maioría occidentais. A franquía Silent Hill ampliouse para incluír varias pezas impresas, dúas longametraxes e videoxogos spin-off. No ano 2013, a serie de xogos vendera máis de 8,4 millóns de copias en todo o mundo.[1]

Silent Hill está ambientada na cidade ficticia estadounidense e homónima da serie. A serie está moi influenciada polo xénero literario do terror psicolóxico, sendo os seus personaxes xogadores principalmente "homes ordinarios".[2]

Notas editar

  1. "映画『サイレントヒル:リベレーション3D』山岡晃氏に聞く――好きな音楽は『サイレントヒル』の音楽です". 
  2. Fahs, Travis (30 de outubro de 2009). "IGN Presents the History of Survival Horror". IGN. IGN Entertainment, Inc. p. 5. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2010. Consultado o 9 de xuño de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar