O Sikorsky S-92 é un helicóptero bimotor medio estadounidense fabricado por Sikorsky Aircraft para os mercados civil e militar. O S-92 desenvolveuse a partir do helicóptero Sikorsky S-70 e ten pezas semellantes como os sistemas de control de voo e o rotor.

Sikorsky S-92
Tipohelicóptero de transporte/utilitario medio
FabricanteSikorsky Aircraft
Primeiro voo23 de decembro de 1998
Introducido2004
Estadoen servizo
Principais usuariosCHC Helicopter
Petroleum Helicopters International
Bristow Helicopters
Cougar Helicopters
Produción1998 - presente
Unidades construídaspolo menos 300[1]
VariantesSikorsky CH-148 Cyclone
Sikorsky VH-92

O H-92 Superhawk é unha versión militar do S-92 no rol de transporte utilitario, capaz de levar 22 soldados. O H-92 tamén podía configurarse para misións específicas, como busca e rescate e transporte executivo. O CH-148 Cyclone é unha variante de helicóptero embarcado desenvolvida para a Real Forza Aérea do Canadá para apoiar operacións navais da Mariña Real Canadense. O Sikorsky VH-92 é unha variante que está sendo desenvolvida para substituír a frota de transporte presidencial Marine One do Corpo de Marines.

Desenvolvemento editar

Despois da crise do petróleo de 1973, as principais compañías de petróleo e gas comezaron a explorar máis en mar aberto, creando así a necesidade de aparellos como o S-92 con capacidade suficiente para acadar puntos máis afastados da costa.[2]

Sikorsky Aircraft amosou por vez primeira unha maqueta do S-92 en 1992. O aparello comezou a venderse a partir de 1993, pero debido a unha baixada no mercado internaconal de helicópteros o proxecto atrasouse. En 1995 Sikorsky formou o Team S-92 con socios internacionais e lanzou o programa do helicóptero no Paris Airshow dese ano.[3] Sikorsky desenvolveu o S-92 para competir con aparellos civís como o Aerospatiale/Eurocopter Super Puma.[4] O helicóptero usa unha nova célula con compoñentes dinámicos baseados nos compoñentes dos S-70/H-60. O S-92 realizou o seu primeiro voo o 23 de decembro de 1998 no Sikorsky Development Flight Center, en West Palm Beach, Florida.[4][5]

En xullo do ano 2000, Sikorsky anunciou cambios no deseño do S-92. A fuselaxe do prototipo 3 foi alongada 40 cm detrás da cabina, o pío de cola acurtouse 1,04 m, e o estabilizador horizontal reposicionouse dende o lado esquerdo fronte ao rotor de cola ata o lado dereito na base do pío de cola. As modificacións da cola solucionaron un problema de estabilidade de cabeceo descuberto durante as probas de voo, e informouse que permitía á aeronave cumprir un requisito clave do Programa de helicópteros estándar nórdicos (NSHP) para a estiba a bordo. O alongamento da fuselaxe e o acurtamento do pío de cola desprazaron o centro de gravidade da aeronave cara a adiante, permitindo unha actitude máis nivelada en voo. A fuselaxe máis longa permitiu engadir unha fila máis de tres asentos, así como a opción dunha porta de pasaxeiros máis grande para clientes SAR. Sikorsky incorporou os cambios aos seguintes dous prototipos como configuración estándar de produción.[6] Algúns informes suxeriron que as modificacións realizáronse realmente para solucionar danos por fallos no deseño estrutural.[7]

Os S-92 constrúense e personalízanse na planta de Sikorsky en Coatesville, Pensilvania. O S-92 recibiu a certificación de tipo da Federal Aviation Administration (FAA) o 19 de decembro de 2002,[8] e a certificación europea por parte da EASA/JAA o 8 de xuño de 2004.[9]

Notas editar

  1. "Sikorsky Delivers Production Number 300 S-92® Helicopter to Era Group Inc.". Media - Lockheed Martin. Consultado o 2023-10-07. 
  2. "Rotor & Wing Magazine :: 40 Years Retrospective: It's Been a Wild Ride". web.archive.org. 2014-06-08. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2014. Consultado o 2023-10-07. 
  3. Frawley, Gerald. "Sikorsky S-92 Helibus". The International Directory of Civil Aircraft, 2003/2004. Aerospace Publications, 2003. ISBN 1-875671-58-7.
  4. 4,0 4,1 Donald, David, ed. "Sikorsky S-92". The Complete Encyclopedia of World Aircraft. Barnes & Nobel Books, 1997. ISBN 0-7607-0592-5
  5. Frawley, Gerald. "Sikorsky S-92". The International Directory of Military Aircraft, 2002/2003. Aerospace Publications, 2002. ISBN 1-875671-55-2
  6. Lewis, Jeff. "All aboard the S-92". Flight International. 25-31 de xullo de 2000.
  7. "Digital 3 - Webmag". web.archive.org. 2008-12-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2008. Consultado o 2023-10-07. 
  8. "A Truly New-Generation Helicopter" (PDF). aviationnow.com. Archived from the original on 09 de maio de 2004. Consultado o 2023-10-07. 
  9. "Sikorsky S-92 Achieves International Type Certification". web.archive.org. 2011-06-08. Archived from the original on 08 de xuño de 2011. Consultado o 2023-10-07.