Signo de Babinski
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
O signo de Babinski consiste na extensión dorsal do dedo gordo do pé e a apertura en abano dos demais dedos como resposta á estimulación plantar. É característico de lesión do tracto piramidal.
Prodúcese raspando cun obxecto romo que produza unha molestia moderada pola beira externa da planta do pé, dende o talón ata os dedos.A resposta normal sería unha flexión plantar dos dedos.
Como no resto dos signos de lesión piramidal, existe un certo grao de parálise espástica, hipertonía, perda do ton do reflexo profundo do tendón e hiperactividade dos reflexos abdominais e cremasterianos.