Siempre supe que volvería a verte, Aurora Lee

Siempre supe que volvería a verte, Aurora Lee é unha novela escrita polo autor español Eduardo Lago publicada en 2013. Trátase da segunda novela do autor, logo de Llámame Brooklyn e foi traducida a varias linguas.

Siempre supe que volvería a verte, Aurora Lee
Autor/aEduardo Lago
CubertaPascal Perich
OrixeEspaña
LinguaCastelán
Xénero(s)Novela
EditorialMalpaso Ediciones
Data de pub.outubro de 2013
Páxinas286
ISBNISBN 978-84-15-99600-2

ArgumentoEditar

A un escritor pantasma encárganlle ó mesmo tempo escribir a biografía dun millonario e facer un informe que descubra a novela que se agocha tras The Original of Laura de Nabokov. Trátase de mergullarse nun texto incompleto e inzado de incertezas que o fillo do escritor, contradicindo os desexos deste, acabou publicando en 2009. O narrador, que acaba de abandonar o xornalismo, síntese abraiado polo texto -en realidade, un conxunto de 138 fichas, moitas delas esquemáticas ou incomprensibles- e busca un "escritor pantasma" para que lle axude a "desenguedellar a matriz" da novela, o que, coma nas obras anteriores de Lago, constitúe unha indagación sobre un texto literario.