CD15
O CD15 (cluster de diferenciación 15) ou 3-fucosil-N-acetil-lactosamina é un antíxeno da superficie celular, principalmente de neutrófilos e certas células tumorais, que media a fagocitose e a quimiotaxe. Quimicamente o CD15 é un carbohidrato, non unha proteína.[1] Funciona como molécula de adhesión que pode expresarse formando parte de glicoproteínas, glicolípidos e proteoglicanos.
O CD15 encóntrase en neutrófilos,[2]monocitos e promielocitos,[3] e exprésase en pacientes da enfermidade de Hodgkin, algunhas leucemias linfocíticas crónicas de células B, leucemias linfoblásticas agudas, e na maioría de leucemias non linfocíticas. Tamén se chama Lewis x e SSEA-1 (stage-specific embryonic antigen 1, antíxeno embrionario específico de etapa 1) e representa un marcador para as células nai pluripotenciais murinas, nas cales xoga un importante papel na adhesión e migración das células no embrión preimplantación. Sintetízano o encima FUT4 (fucosiltransferase 4) ou o FUT9.[3]
Importanica diagnóstica
editarO CD15 está presente en case todas as células Reed-Sternberg, incluíndo as súas raras variantes mononucleares, e utilízase en inmunohistoquímica para identificar a presenza de ditas células nas biopsias. A presenza destas células serve para diagnosticar o linfoma de Hodgkin. As células de Reed-Sternberg mostran un patrón característico de positividade para o CD15, con tinguidura da membrana plasmática combinada con tinguidura do aparato de Golgi. Os paneis inmunohistoquímicos para a diagnose da enfermidade de Hodgkins empregan xeralmente o CD15 xunto co CD30 e o CD45; este último non se tingue nas células de Reed-Sternberg pero si en case todas as outras células linfoides. O CD15 está tamén presente en case o 50% das células de adenocarcinoma e pode usarse para distinguir esta condición do mesotelioma, que é tipicamente negativo.[4]
Notas
editar- ↑ MeshName - CD15+Antigen
- ↑ Kerr MA, Stocks SC (1992). "The role of CD15-(Le(X))-related carbohydrates in neutrophil adhesion". Histochem. J. 24 (11): 811–26. PMID 1362195. doi:10.1007/BF01046353.
- ↑ 3,0 3,1 Nakayama F, Nishihara S, Iwasaki H, Kudo T, Okubo R, Kaneko M, Nakamura M, Karube M, Sasaki K, Narimatsu H (2001). "CD15 expression in mature granulocytes is determined by alpha 1,3-fucosyltransferase IX, but in promyelocytes and monocytes by alpha 1,3-fucosyltransferase IV". J. Biol. Chem. 276 (19): 16100–6. PMID 11278338. doi:10.1074/jbc.M007272200.
- ↑ Leong, Anthony S-Y; Cooper, Kumarason; Leong, F Joel W-M (2003). Manual of Diagnostic Cytology (2 ed.). Greenwich Medical Media, Ltd. pp. 83–84. ISBN 1-84110-100-1.