Ai Haibara

(Redirección desde «Shiho Miyano»)

Shiho Miyano (宮野志保 Miyano Shiho?) é un personaxe ficticio da serie O detective Conan, creado por Gosho Aoyama.

Shiho Miyano
Personaxe de O detective Conan
Primeira aparición Manga, capítulo 176
Anime, episodio 136
Creado por Gosho Aoyama
Dobrado por Xaponés:
Megumi Hayashibara
Galego:
Chelo Díaz
Perfil
PseudónimosAi Haibara
Sherry
Idade18,
7 como Ai
SexoFeminino
NacionalidadeXapón
OcupaciónEx-membro da Organización dos Homes de Negro
Parentes coñecidosAtsushi Miyano (pai)
Elena Miyano (nai)
Akemi Miyano (irmá)

Vida de Ai editar

Shiho Miyano (o seu nome orixinal) é filla do científico tolo Atsushi Miyano e da arisca Elena Miyano, e a irmá máis nova de Akemi Miyano. Asistiu á escola no estranxeiro, tendo unha infancia non demasiado feliz. Cedo, comezou a abraiar os seus pais no campo científico. Dado que seus pais realizaban experimentos para a Organización dos Homes de Negro, unha organización criminal, e vistas as súas dotes acabou ingresando tamén.

Xunto a eles crea velenos e fármacos. Non obstante, a Organización mátaos facendo crer a Shiho que fora un fatal accidente. Deste xeito, Shiho continúa soa os seus traballos de científica. Sen os seus pais seguiu seguiu o labor de desenvolvemento dunha misteriosa droga alcumada APTX-4869. Nun principio o fármaco tiña a función de rexenerar as células do corpo, pero a Organización obrigouna a trocalo todo polo seu escuro propósito: matar. Nun experimento con ratos, Shiho comprobou que un dos animais minguou ata un tamaño de cría. Finalmente, cando a Organización probou unha dose con Shinichi Kudo, o adolescente minguou no canto de morrer, e comezou a loitar contra a Organización en segredo, dado que o deu por morto.

Máis tarde, a Organización liquidou a Akemi, a única familia que tiña Shiho. Por causa diso, ela retirouse e negouse a seguir traballando, polo que a Organización ceibouna. Nun intento de suicidarse, Shiho probou o seu fármaco pero no canto diso, acadou un tamaño de cativa. Así, recorreu a Shinichi, xa que sabía que o fármaco non rematara coa súa vida.

O asisado detective convértese nunha criatura de cueiros cando hai fútbol polo medio.

O profesor Agasa atopouna tirada diante da casa dos Kudo e contoulle a Conan o que pasara. Ai Haibara, o seu novo nome como nena, prometeu acompañar a Conan indo á escola e vivindo unha vida normal para non ser descuberta. Xunto co profesor, ten como obxectivo atopar un antídoto que anule o efecto da apoptose que induce a droga dos Homes de Negro. Para iso, Ai e o profesor Agasa necesitan ter coñecemento da composición exacta do veleno. Parece ser que un tipo concreto de augardente chinesa bebida cando se está a chocar unha gripe anula temporalmente os efectos da droga. Por desgraza, que unha vez utilizado este método para recuperar o verdadeiro corpo do suxeito durante uns minutos, nunca máis volverá ser efectivo nesa mesma persoa. Ai, sospeitando que esa augardente puidera ter un factor clave para a creación dun antídoto, investiga sobre o asunto chegando a crear un antídoto provisional moi perigoso e que debe ser tomado só en caso de urxente necesidade, pois pode conducir á persoa que o tome á morte.

Aínda que ás veces a rapariga poida parecer algo fría, ten un corazón moi fráxil e segue conservando a tristura pola morte da súa irmá.