Sheila Jeffreys nada o 13 de maio de 1948 é unha pensadora feminista.

Infotaula de personaSheila Jeffreys
Biografía
Nacemento13 de maio de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaFeminismo radical Editar o valor em Wikidata
EducaciónVictoria University of Manchester (en) Traducir - mestría en artes
Universidade de Monash - Doutor en filosofía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMovimento feminista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria , activista polos dereitos das mulleres , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Melbourne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina websheila-jeffreys.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: jeffreys.sheila Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Profesora de ciencia política na Universidade de Malbourne. Autora de varios ensaios sobre sexualiddade, a globalización da industria do sexo e a institucionalización pública e privada do sometimento da muller.

Pensamento editar

Sheila Jeffreys defende a igualdade de xénero e o lesbianismo como a sexualidade feminina liberada do poder machista. A diversidade sexual hetero é unha construción social e cultural que nace da desigualdade e xera desigualdade. A loita polo dereito ao aborto forma parte esencial da liberación da muller da súa condición de nai. Un rol escravizante e degradande da súa dignidade.

Defende a necesidade dunha nova sexualidade e denuncia que cando unha muller acada o orgasmo cun home esta goza de xeito masoquista e colabora co sistema patriarcal erotizándose coa súa propia opresión. Debe censurarse a heterosexualidade dominadora.

Na súa obra Anticlimax: A Feminist Perspective on the Sexual Revolution (1990) critica a suposta liberación xurdida coa revolución sexual dos anos 60, porque entende que supuxo novas formas de escravización da muller en canto que obxecto sexual dunha sexualidade masculina liberada das regras da sociedade tradicional.

No seu libro Industrial Vagina: The Political Economy of the Global Sex Trade describe o matrimonio como unha forma de prostitución que da dereito ao home sobre o corpo da muller e que está na base da relación heterosexual dominadora.

A industria cosmética e a cirurxía estética son novas formas de dominación masculina e de control patriarcal que ofrece falsas solucións a problemas máis profundos de submisión pasiva dunha muller entregada aos gustos do home. Nunha sociedade con igualdade de xénero o matrimonio e a industria da beleza deben desaparecer.

Ataca o transexualismo porque entende que este subscribe o tradicional estereotipo de muller.