Shalom Ullmann

Shalom Ullmann, nado en Fürth, Baviera (Alemaña) o 27 de febreiro de 1755 e finado en Lackenbach[1], Burgenland (Austria) o 6 de marzo de 1825, foi un talmudista húngaro que caracterizou os estudos do Talmud no comezo do século XIX.

Shalom Ullmann
Nacemento27 de febreiro de 1755
Lugar de nacementoFürth
Falecemento6 de marzo de 1825
RelixiónXudaísmo
Ocupaciónrabino
Fillossen etiquetar
editar datos en Wikidata ]
Portada dun exemplar do Talmud.

Foi rabino inicialmente en Fürth e máis tarde en Frauenkirchen, unha vila do condado de Wieselburg (Austria). Foi autor de Dibre Rash (1826), un traballo que contén notas a varios tratados do Talmud. Tivo dous fillos, Shlomo Zalman (1792-1863) e Avraham (1791-1848). O seu fillo Avraham e o seu neto David tamén serviron como rabinos de Lackenbach.

NotasEditar

  1. "Die Familie Wolf". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 11 de abril de 2016. 

BibliografíaEditar

  • Adler, Cyrus & Singer, Singer, eds. (1901-1906). "Ullman, Shalom". The Jewish encyclopedia; a descriptive record of the history, religion, literature, and customs of the Jewish people from the earliest times to the present day; (en inglés) 12. Nova York: Funk & Wagnalls Company. p. 340.  (en inglés)