Sh 2-2, tamén coñecida coma Sharpless 2, é unha nebulosa de emisión da constelación de Scorpius. Ten un brillo de grao medio, o cal dificulta a súa observación. Crese que actualmente alberga unha estrela binaria de raios X que se orixinou na asociación Scorpius OB1 e que foi expulsada da mesma.

Sh 2-2
Datos para a observación
Época= X2000,0
Tipo de obxecto Nebulosa de emisión
Ascensión recta 17h 04m 06.6s[1]
Declinación -38° 08′ 33″[1]
Magnitude aparente -
Dimensións aparentes 1°[1]
Constelación de Scorpius
Características físicas
Características destacables Rexión (ionizada) HII
Outras designacións Sh 2-2, Gum 57

A área nebulosa é moi grande e ten unha forma irregular, e tamén posúe as características dunha rexión H II.[2] Ten un diámetro aparente de aproximadamente 60'.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Centre de Données astronomiques de Strasbourg, ed. (20-12-2013). "VizieR Detailed Page". 
  2. Dean Salman, ed. (20-12-2013). "CCD Images of the Sharpless Catalog". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar