Shàonián dě Nǐ

filme de 2019 dirixido por Derek Tsang

Shàonián dě Nǐ (en chinés: 少年的你) é un filme de Hong Kong de 2019 dirixido por Derek Tsang e protagonizado por Zhou Dongyu e Jackson Yee.[2] O filme é unha adaptación da novela chinesa In His Youth, In Her Beauty escrita por Jiu Yuexi. Conta a historia dunha moza de instituto que sofre abusos dos seus compañeiros, e dun adolescente problemático da rúa, cuxas vidas cambian logo de encontrarse.[3] A historia tamén aborda os seus soños e deseños respecto do futuro e de que maneira se protexen o un ó outro. O filme estreouse o 25 de outubro de 2019 na China, e o 8 de novembro de 2019 nos Estados Unidos, o Reino Unido e o Canadá. Recadou un total de 227,3 millóns de dólares[4] en todo o mundo. Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[5] sendo finalmente nomeado.[6]

Shàonián dě Nǐ
Ficha técnica
Título orixinal少年的你
DirectorDerek Tsang
ProdutorXu Yuezhen
GuiónLam Wing Sum
Li Yuan
Xu Yimeng
Baseado enIn His Youth, In Her Beauty de Jiu Yuexi
IntérpretesZhou Dongyu
Jackson Yee
MúsicaVarqa Buehrer
FotografíaYu Jing-Pin
MontaxeZhang Yibo
EstudioHenan Film Group
China Wit Media
Tianijn Xiron Entertainment
We Pictures
Shooting Pictures
DistribuidoraLian Rui (Shanghai) Pictures
Shanghai Taopiaopiao Film Culture
Tianjin Maoyan Weying Media
Huaxia Film Distribution
Golden Village Pictures
Estrea25 de outubro de 2019
Duración135 minutos
Orixe Hong Kong
XéneroDrama
Recadación227,3 millóns de dólares[1]
Na rede
http://www.wellgousa.com/films/better-days e http://magnumfilmsglobal.com/betterdays
IMDB: tt9586294 Filmaffinity: 531460 Allocine: 270985 Rottentomatoes: m/better_days_2019 Mojo: tt9586294 Allmovie: v717079 Metacritic: movie/better-days Netlix: 81143111Editar o valor em Wikidata

Personaxes editar

  • Zhou Dongyu como Chen Nian
  • Jackson Yee como Beishan (Liu Bei Shan)
  • Yin Fang como Zheng Ye
  • Huang Jue como Lao Yang
  • Wu Yue como nai de Chen Nian
  • Zhou Ye como Wei Lai
  • Zhang Xinyi como Xu Miao
  • Wu Yue como Zhou Lei
  • Liu Ran como Luo Ting
  • Xie Xintong como Wang Li
  • Zhang Yao como Li Xiang
  • Zhang Yifan como Hu Xiaodie
  • Zhao Runnan como Da Kang
  • Gao Xuanming como Lai Zi

Notas editar

  1. "Better Days (2019)". The Numbers. Consultado o 5 de decembro de 2019. 
  2. Kilian O’Donnell; David Paulk (24 de outubro de 2019). sixthtone.com, ed. "Long-Delayed Film ‘Better Days’ Gets Surprise Release in China". Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  3. Rebecca Davis (28 de outubro de 2019). "China Box Office: ‘Better Days’ Steps Out as World’s Top-Grossing Film". variety.com. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  4. "周冬雨《少年的你》密钥延期至12月8日 票房已破15亿元 2019票房榜国产片第八名 – Mtime时光网". news.mtime.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2020. Consultado o 2020-02-02. 
  5. Frater, Patrick (27 de novembro de 2020). "Hong Kong Picks 'Better Days' as Oscars Contender". Variety. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  6. "The full list of 2021 Oscars nominations". The Guardian. Consultado o 15 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar