Seteportas-Altair

proxecto educativo galego

Seteportas-Altair é un agrupamento educativo nos tempos libres pertencente a asociación sen ánimo de lucro e de voluntariado Altair Galiza, entidade nacional galega de Altair que forma parte do Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres Altair. Este agrupamento fundouse en 2014 en Santiago de Compostela formando parte do Proxecto Educativo Altair desde entón. O obxectivo do proxecto é educar nos tempos libres e promover a convivencia a través de valores como a igualdade social, a solidariedade ou o desenvolvemento sustentábel.

Seteportas-Altair
Tipoproxecto
Data de fundación2014
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://altair.gal/os-agrupamentos/seteportas/
Facebook: SeteportasAltair Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O equipo educativo do agrupamento está composto por persoas enteiramente voluntarias: estudantes, traballadoras, persoas desempregadas etc que comparten o seu interese e compromiso co mundo da educación nos tempos libres. Porén, a actividade de voluntariado está aberta a toda persoa que se recoñeza no proxecto e queira achegar a súa forza e experiencia. Desenvólvense actividades destinadas a nenos/as de entre 7 e 17 anos, organizándose en grupos de idade (Pícaras, Insurras, Aventureiras, Pioneiras e Argonautas).

O proxecto Altair implica regularidade e unha periodicidade semanal, coa finalidade de crear un grupo estábel que se identifique a si mesmo como unha comunidade. Con esta intención, o grupo Seteportas-Altair reúnese todos os sábados pola mañá, de 11.00h a 14.00h, no seu local de Santiago de Compostela. Durante o curso en outono, inverno, primavera e verán realizan acampadas e campamentos pola contorna podendo durar até dúas semanas o campamento de verán. O agrupamento desenvolve as súas actividades tratando de cooperar e inserirse na comunidade, tecendo vínculos coa veciñanza e aprendendo dela e con ela.

Basea o seu método na pedagoxía do proxecto e na acción como método para educar en valores nos tempos libres, ademais de facer que as altaíres medren sentíndose parte dun grupo que camiña unido sen esquecer a súa individualidade; tomando o xogo como punto de partida na procura de educación integral das persoas.